jueves, 24 de marzo de 2011

Presentación da candidatura socialista de Valga

O vindeiro sábado 26 de marzo ás 20.00 horas, terá lugar a presentación da candidata socialista Carmen Coto á alcaldía do Concello de Valga. O acto celebrarase na Casa da Cultura de Paredes e Carmen Coto estará acompañada por Carmen Cajide, Secretaria Provincial de Igualdade, e o deputado autonómico Guillermo Meijón, así como doutros integrantes da candidatura do PSdG-PSOE.

viernes, 18 de marzo de 2011

Fátima Monteagudo opta a la reelección como “única alternativa posible para que o 22 de maio gañe Cuntis”


Fátima Monteagudo se presentó ayer ante los militantes y simpatizantes socialistas como candidata a la Alcaldía de Cuntis. En un acto celebrado en el Centro Sociocultural “Patelas” y arropada por el secretario general del PSdeG, Pachi Vázquez, y la diputada autonómica Carmen Cajide, Monteagudo aludió al trabajo realizado por su grupo en esta legislatura como el mejor aval para optar a la reelección y ello a pesar “do trato inxusto” que, afirmó, dispensa al municipio la Xunta de Núñez Feijóo. El PP “prefire gañar as eleccións en Cuntis afogando ao goberno local antes que sacar do paro aos nosos veciños concéndonos os fondos que nos corresponden por lei”, dijo tras acusar al gobierno autonómico de haber otorgado al Concello menos fondos de los que les correspondían en el Plan de Cooperación. Fue sólo una de las críticas lanzadas a la Xunta, a la que reprochó que no invierta en el colegio obligando al Concello a acometer obras para su mantenimiento , que no envíe al Centro de Salud a un sustituto para cubrir una baja de la pediatra titular que se prolonga ya por dos meses, o que ponga trabas para la entrada en funcionamiento del Centro de Día. “Quizais pensan que os maiores de Cuntis teñen menos dereitos, pero esta alcaldesa non vai permitir que nos tomen o pelo e o Centro de Día será unha realidade pronto”, auguró.

Diario de Arousa, 18/03/2011

sábado, 12 de marzo de 2011

Gran afluencia á charla do Día da Muller Traballadora



A deputada Carmen Cajide e a concelleira de Vilagarcía de Arosa Victoria Hierro participaron na noite do venres nunha charla-coloquio organizada polo PSOE cesureño con motivo do Día da Muller Traballladora recentemente conmemorado.
O acto, celebrado no novo local do partido na rúa Travesía da Bandeira, estivo moderado polo candidato socialista á alcaldía Roque Araújo, que na súa intervención foi destacando algunhas das propostas, que en materia de igualdade, presentará ás vindeiras eleccións municipais.
Entre elas destacou a creación dunha empresa de servicios sociais, formada e xestionada por mulleres, que se ocuparía de poñer en marcha accións de axuda e comida a domicilio, atención a persoas con discapacidade, programas concilia de atención aos nenos e nenas en idade escolar, e en xeral, todo tipo de actividades de ámbito social que se puideran levar a cabo no concello de Pontecesures e outros da comarca.

lunes, 7 de marzo de 2011

Os Socialistas de Pontecesures organizan unha charla para conmemorar o Día da Muller Traballadora



A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Pontecesures organiza unha charla-coloquio para conmemorar o Día da Muller Traballadora, o vindeiro venres día 11 ás 20,30 horas na súa sede da rúa Travesía da Bandeira.
Na mesma, intervirán Carmen Cajide, deputada autonómica e secretaria provincial de igualdade do PSdeG-PSOE e Victoria Hierro, concelleira de Igualdade e Política Social de Vilagarcía de Arousa. Por outra banda, o candidato socialista á alcaldía, Roque Aráujo, presentará as súas propostas en materia de conciliación e corresponsabilidade para o Concello.

martes, 1 de marzo de 2011

Desapego da realidade

Unha vez máis o goberno tripartito de Pontecesures sorpréndenos levando a cabo iniciativas plantexadas polos socialistas cesureños. Evidentemente noo temos a exclusividade de apuntar as cousas que o pobo necesita, pero sorprende que despois de ser criticadas, as nosas iniciativas sexan postas en marcha polo equipo de goberno. Á última correspóndese coas actividades que para os máis pequenos vanse realizar durante as vacacións de Entroido. Os motivos para levar a cabo ditas actividades, segundo a nota publicada na prensa, seméllanse sorprendentemente aos esgrimidos polos socialistas para as vacacións de Nadal. Daquela non se podían levar a cabo por falta de cartos, e agora si? Non todo se reduce a unha mera cuestión económica. Desde logo, semella que o actual goberno municipal de Pontecesures está alonxado da realidade social da vila e das súas necesidades.

lunes, 14 de febrero de 2011

Entrevista ao candidato socialista á alcaldía de Pontecesures, Roque Araújo


“O PSOE está recuperado e máis unido que nunca. Aspiramos ao máximo, a Alcaldía”

entrevista de m. angueira

Secretario xeral da agrupación socialista cesureña, coordinador comarcal do PSOE e agora candidato á Alcaldía de Pontecesures. É Roque Araújo Rey, a persoa pola que apostou a militancia para esquencer definitivamente a crise e o cisma que xeraron no PSOE local as eleccións de 2007. «As solucións resultadistas á larga non son todo o positivas que se busca», afirma con respecto a aquela candidatura do independente Luis Sabariz. Tras case catro anos sen representación socialista na Corporación, esa é unha etapa pechada para Araújo Rey, natural de Vilagarcía pero veciño de Pontecesures desde hai unha década, e con estudos en Administración de Empresas. «Tras empadroarme na vila o segundo que fixen foi afiliarme á agrupación local», da que di que agora está «máis unida que nunca». Preséntase ante os electores como una alternativa real de goberno coa que poñer fin a unha lexislatura «moi negativa».
Semella que deixaron atrás todo o acontecido hai catro anos, logrouse recompoñer de todo a agrupación local?
A agrupación está completamente cambiada. Estamos máis unidos, integramos a moitísima xente que hai catro anos quedou bastante desilusionada co que representaba o candidato e estamos en disposición de poder dicirlle aos votantes socialistas que imos cumplir as súas expectativas e que non os imos defraudar.
Puideron entender a decisión da dirección do partido de apostar por Luis Sabariz como candidato en 2007?
Ás veces, búscanse solucións resultadistas pero á larga non son todo o positivas que se pretendía. Agora o que queremos é facerlle caso aos votantes socialistas, que queren que neste pobo se leven a cabo políticas sociais acordes coa súa ideoloxía.
E do mesmo xeito, conseguiron comprender nestes catro anos a postura de Sabariz de non apoiar a Luis Álvarez Angueira no Pleno de investidura?
Non o entendín e creo que a decisión que tomou foi un fraude aos electores, que naquel momento consideraban que estaban votando ao PSOE. O reixeitamento dos afiliados a ese candidato foi claro. De todas maneiras, esa é unha etapa que xa pasou e agora o que nos importa é o presente e o futuro.
Vese con posibilidades reais de acadar a Alcaldía?
Se non partimos desa base, se non temos esa aspiración e ilusión, non nos presentariamos. Temos que aspirar sempre ao máximo, que é obter a Alcaldía e, por que non, conseguir unha maioría. Os cesureños están cansos do que pasou nos últimos catro anos.
Que valoración fan desta lexislatura co tripartito dirixindo o Concello?
É unha valoración moi negativa. Primaron os intereses persoais e particulares sobre os do pobo. Algúns están máis preocupados en saír nos xornais que de traballar por Pontecesures. Non hai unha política de futuro, senón unha política de parches. Desa maneira nunca se logrará situar a Pontecesures no século XXI, facer dela unha vila moderna na que os veciños gusten de pasear e mercar.
Non queda dúbida de que apostan por un cambio...
Por suposto. E non é unha opinión persoal, senón que falando coa xente nótase que queren un cambio e nós estamos a dar os pasos para contribuír a el. Hai outras maneiras de actuar e de traballar no Concello, por exemplo promovendo unha administración máis cercana aos cidadáns: que o Concello sexa dos veciños e non dos concelleiros.
Se para lograr ese cambio fora necesario un pacto, neste caso co BNG, estarían dispostos?
Non podemos partir con esa premisa. Temos que traballar para conseguir unha maioría, pero o que está claro é que nós somos unha forza progresista.
Como se recuperan estes catro anos perdidos sen representación na Corporación?
Falando moito coa xente, sendo rigorosos no análise da situación do concello, vendo as necesidades do pobo e dos veciños. Desde logo, observando o feito polo actual goberno, sabemos moi ben o que non se debe facer. Adicación e honestidade é o que pide a cidadanía.
Cre que os electores volverán a respaldar ao PSOE a pesar deste período de ausencia?
Espero que respondan positivamente porque decatáronse de que soubemos recuperarnos e de que estamos organizados. A nosa mensaxe vai ser moi clara e baseada en dous aspectos fundamentais: a política económica e a política social. A primeira xirará entorno á xeración de emprego. Noutros concellos progresistas están en marcha programas e iniciativas locais que fomentan o autoemprego. Se ben o punto forte do PSOE son as políticas sociais, con apostas como a conciliación da vida familiar e laboral, algo que aquí está completamente esquecido. Hai que dar opcións a pais e nais para compatibilizar o traballo coa atención dos nenos.
No tocante a infraestruturas, que nos pode avanzar sobre o seu programa??
Unha reivindicación de sempre deste partido é a creación dun Centro Social ou de Usos Múltiples porque non hai un lugar onde se poidan reunir os colectivos. Por outra banda, Pontecesures é un municipio privilexiado, que ten unha conexión coa autoestrada moi próxima, que ten porto, unha estrada nacional que discorre polo concello, que ten tren... Evidentemente imos defender todas estas infraestruturas. De feito, o PSOE cando gobernou na Xunta tiña un plan para remodelar a fachada fluvial, un proxecto que foi botado abaixo pola Xunta do PP. Despois de dicir que ían incrementar o importe da obra, todo quedou en nada e esa é unha mostra máis do abandono ao que está sometido este concello a pesar de que o PP forma parte do Executivo municipal. Podemos dicir que de goberno amigo, nada de nada.
Unha das principais batallas que se libran agora é a de manter a actual liña férrea entre Vilagarcía e Santiago. Cal é a súa postura a ese respecto?
Hai que defender o transporte ferroviario, porque é fundamental, especialmente para traballadores e estudantes. É un privilexio que este concello conte cunha estación.
Falaba antes dunha administración máis próxima aos cidadáns, como se consegue iso?
O contacto e a relación coas persoas é o que máis nos importa. Rexeitamos os comportamentos autoritarios que asoman no equipo de goberno actual e cremos que o diálogo é fundamental para resolver os conflictos que xorden entre veciños. Neste sentido, imos ser moi estrictos na actividade urbanística do Concello. O “ir facendo”, que está tan extendido en Galicia, aquí aplícase con demasiada frecuencia e ás veces da lugar a conflitos veciñais que se enquistan e provocan enemistades. Se houbera unha observancia das normas urbanísticas evitaríanse, seguramente, moitos destes problemas.
Anunciou hai semanas a sua intención de reducir o soldo do alcalde se gañan as eleccións, o que xerou algo de rebumbio e polémica co actual tripartito…
Nós apostamos por unha única adicación exclusiva no Concello, a do alcalde, que cobre un soldo acorde coa vila na que vivimos e co traballo que desempeñe; un soldo digno e non esaxerado cmo o de agora. O que non imos facer é entrar en negociacións estrañas e vender votos por postos.
Que pode adiantar sobre o equipo co que concurrirá á cita electoral?
A lista está practicamente rematada. Será unha lista renovada, na que imos contar con xente moi implicada e que cre neste proxecto, conxugando veteranía e xuventude. Pero sobre todos seremos unha piña e imos a estar moi unidos. Máis alá de grandes fichaxes, o que buscamos é xente implicada, que realmente traballe e se molle por este proxecto e por este pobo.

sábado, 12 de febrero de 2011

Os Socialistas de Pontecesures pronúncianse sobre a obra do porto

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Pontecesures manifesta que as tres alternativas
que presenta a Xunta de Galicia para a remodelación do porto de Pontecesures son un claro exemplo dunha proposta electoralista que simplemente pretende enganar aos veciños ante as próximas eleccións municipais.
As propostas, entre as que se inclúen levar o tráfico pesado de Nestlé pola rúa principal ou meter camións de corenta toneladas e máis de catorce metros de longo pola ruela existente entre o Club Náutico e o edificio de Correos, só poden xustificarse coma un xeito de manipular aos votantes para, finalmente, non facer nada e deixar as cousas como estaban.
Que obra se pretende facer se non hai ningunha consignación nos orzamentos?.
Desde o Partido Socialista defendemos a proposta realizada pola anterior Xunta de Galicia, por ser a máis realista e viable e que ademais xa contou coa asignación orzamentaria no seu momento.
Igualmente pedimos ao grupo de goberno deste concello que abandone as súas liortas
internas e protagonismos e que, dunha vez por todas, se poña de acordo ante unha obra
que é fundamental para o futuro do noso pobo.