jueves, 25 de febrero de 2010

Visita do Subdelegado do Goberno para a provincia de Ponteveddra

Mañán venres, o subdelegado do Goberno para a provincia de Pontevedra, Delfín Fernández, estará en Pontecesures para visitar as obras realizadas o abeiro do Fondo Estatal de Investimento Local, máis coñecido como Plan E 2009, posto en marcha polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

Máis de 550.000 euros foron os que o Goberno central destinou a Pontecesures, co obxectivo de crear emprego. Cabe lembrar que no conxunto da provincia de Pontevedra, este Plan deu traballo a máis de 7.000 persoas.

Meijón critica ao conselleiro de Educación por trasladar a responsabilidade de alerta meteorolóxica aos centros de ensino




Censura a emisión dunha nota na que responsabiliza aos directores de centros do seguimento da evolución da alerta meteorolóxica e a toma de decisións ao respecto.


O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas, cualificou hoxe de “literalmente irresponsable” aos conselleiros de Educación e Presidencia por trasladar a responsabilidade diante da alerta meteorolóxica aos equipos directivos dos centros. Así o dixo logo de coñecer a instrución remitida aos centros na que sinala que os directores deben facer seguimento da alerta meteorolóxica e tomar medidas ao respecto.


Meijón anunciou a presentación dunha serie de iniciativas parlamentarias diante desta actuación “totalmente inasumible” da Xunta “está a trasladar ás direccións dos centros responsabilidades que claramente lle competen aos conselleiros de Educación e Presidencia”. Así o dixo logo da nota emitida pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior para os días 24 e 25, que cualificou como “absolutamente rexeitable”.


Esta nota sinala textualmente que “Os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento a evolución da presente alerta meteorolóxica (segundo a información actualizada que facilita a páxina web www.112galicia.org). De selo caso, facultase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas que poidan concorrer no ámbito territorial do seu centro, adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas”.


Meijón lembra que os responsables de seguir a evolución da alerta meteorolóxica “son os responsables dos servizos técnicos especializados da Xunta de Galicia”, mentres os conselleiros de Presidencia e de Educación son “os que deben trasladar aos centros correspondentes as instrucións precisas e inequívocas que se deriven do seguimento das condicións climatolóxicas”.


Dixo que “os señores conselleiros Rueda e Vázquez non poden de forma impune trasladar esta responsabilidade ás direccións dos centros educativos, cunha forma de actuar que non se pode consentir”. Engade que “actuacións como esta só poden servir para cualificar literalmente de irresponsables aos políticos que as adoptan”.


O parlamentario socialista lembrou que “os socialistas en ningún caso aproveitamos as condicións meteorolóxicas para tratar de sacar rendibilidade política das consecuencias que delas se poidan derivar”. Sinala que “mesmo nas recentes suspensións das clases, fundamentalmente a causa da neve, este Grupo Parlamentario actuou con lealdade trasladando unha iniciativa ao Parlamento co obxecto de que se zonificara o territorio a nivel deste tipo de alertas”.


O obxectivo era “dar unha resposta máis realista ás distintas circunstancias de cada zona, xa que calquera podía entender que as ameazas de neve na montaña interior luguesa pouco tiñan que ver coas ameazas dos pobos costeiros das Rías Baixas, por poñer un exemplo”.


miércoles, 24 de febrero de 2010

Rosa Díez "Zapatero podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra"

A líder de UPyD, Rosa Díez, utilizou o termo "galego" para insultar ao presidente do Goberno español. É a segunda vez que o fai e, polo momento, non rectificou na primeira ocasión e non pensa rectificar nesta segunda.


"Podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra". Con esta calificación se referiu Rosa Díez a Zapatero nunha pregunta do xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". De Aznar, Rosa Díez dixo que "le pasó el momento" e de Juan Carlos I, sinxelamente, que "es el rey".


Estas palabras provocaron xa a reacción do Consello da Cultura Galego. O secretario deste órgano, Enrique Monteagudo, xa lle pediu á política que rectifique e considerou indignante que se siga utilizando este termo que xa desapareceu dos diccionarios españois. Con todo, Díez respostou que non vai rectificar porque "todos saben a que se refería".


Galicia Confidencial, 24 de febreiro de 2010

Pose acusa ao Goberno de Feijóo de "disfrazar" os malos datos das listas de espera

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose afirmou hoxe que Feijoo e Farjas disfrazan en sintonía co carnaval os malos datos das listas de espera”. O deputado fixo esta afirmación logo de coñecer o acordo de xestión da rede publica sanitaria galega, asinado pola Xunta e polos xerentes do centros de Atención Primaria e Hospitalaria, e sobre os obxectivos do mesmo.


Pose denuncia que o Goberno de Feijoo promete obxectivos que xa veñen explicitamente recollido na Lei, na que constan que os paciente cirúrxicos de prioridade 1, non esperaran mais dun mes; e os de prioridade 2, en 60 días. O portavoz de sanidade advirte que estes principios xa están recollidos na lei desde o 2005, e ironiza “que se propoña como obxectivo o cumprimento da Lei parécenos estupendo”.


Advirte ademais que a Consellería de Sanidade non fixou prioridades na reducción das listas de espera, donde están tódolos pacientes. "O criterio da gravidade é un criterio clínico que os profesionais sempre atenderon antes de que Feijoo e Farjas gobernase en Galicia, por certo aos pacientes cirúrxicos representan un porcentaxe mínimo, entre tódolos pacientes que se atenden nun hospital".


Por iso pregúntalle a Conselleira de Sanidade senón considera graves os pacientes pendentes de intervención cirúrxica de neurocirurxía, xa que se duplicou a súa espera, e senón considera graves tamén aos pacientes pendentes de radioterapia xa que se multiplicou por 3 a súa espera, etc.


Reclamoulle a Feijoo que deixe de disfrazar a realidade sanitaria de Galicia “dedíquese a corrixila e mellorala”, espetoulle. E insistiu nas súas criticas “díganos tamén a que se debe o incremento das listas de espera non publicadas”. Porque non se incrementaron os pacientes de lista de espera non estructural. “Os socialistas –dixo- estamos dacordo con ustedes no referente a que o paciente debe ser o centro do sistema sanitario, pero desgraciadamente hoxe tardan o dobre en ser atendidos que fai un ano”, denunciou.


Modesto Pose advertiu que “esta ben que Farjas se engane a si mesma e ao propio Feijoo, pero non lle imos a consentir e que engane a tódolos galegos”. Por iso advertiu que “a espera para ser atendido na sanidade publica galega incrementouse case nun 40%, nas especialidades mais importantes, corrixan este deterioro e deixen atrás os disfraces e as mentiras co carnaval”, replicoulle.


Por último reclamoulle que non ofenda a intelixencia nin dos profesionais sanitarios, nin dos galegos ca insolencia de que agora atenden primeiro aos doentes mais graves “ou acaso esta acusando aos profesionais de que o ano pasado atendían primeiro aos menos graves”, preguntou. E concluíu “busquen outra cantinela Feijoo que esta non cola”, ironizou.


lunes, 22 de febrero de 2010

El PSOE de Pontevedra llama trama a la dirección provincial del PP

El secretario general del PSdeG-PSOE en Pontevedra, Modesto Pose, animó al recién constituido comité provincial del partido a "ayudar al PP a deshacerse" de su actual dirección en la provincia, encabezada por el presidente de la Deputación, Rafael Louzán. "Los socialistas vamos a contribuir", afirmó Pose, "a que esa trama que dirige el PP se desmorone, no es tarea fácil porque está muy metida en todas las localidades", añadió.

En su intervención ante el máximo órgano entre congresos de los socialistas pontevedreses, Modesto Pose aseguró que "a la derecha moderna que gobierna la Xunta", la cúpula directiva del PP de Pontevedra "hasta le molesta". Pose sostiene que el PP "iba por partes" en la renovación de su estructura provincial y, puesto que "en Ourense les salió mal, en Pontevedra no se atreven a modificar la dirección provincial".

Por ello, el secretario general del PSOE en Pontevedra animó a los 193 integrantes del comité provincial a recurrir a "los instrumentos más poderosos" de los que se dispone en política para lograr ese objetivo: "ideas", "ilusión" y "determinación firme", precisó. Así, se mostró seguro de lograr ese objetivo "por muchos recursos que tenga" el PP, argumentando que el PSOE tiene "mucho poder" en la provincia: "Somos el partido que más ciudadanos gobierna", recalcó.

PLAN ANTICRISIS

Entre las críticas dirigidas a Louzán por su gestión al frente de la Deputación de Pontevedra, Modesto Pose se refirió a que "hace dos años que anunció un plan anticrisis y aún no lo ejecutó". Entre los 30 municipios beneficiarios de esa iniciativa, Pose señaló que el de Moraña es el único gobernado por un alcalde socialista. Y a los 29 regidores locales restantes, del PP, "les trata como menores de edad", al atribuir Pose la adjudicación, contratación y elección de las empresas a Rafael Louzán.

También le reprochó al presidente de la Deputación Provincial la suspensión de un plan contra el paro dotado con 3 millones de euros que, según Modesto Pose, "no es momento de retirar". El secretario general de los socialistas pontevedreses reconoció que el actual nivel de desempleo "es difícil de soportar", pese a disponer de "la protección social adecuada".

En ese sentido, Pose destacó que, durante la etapa del bipartito en la Xunta, "Galicia tenía un plus de resistencia" ante la caída de la ocupación laboral. "Siempre estábamos un poco mejor que en el resto de España pero desde que gobiernan estos señores estamos un poco peor", reprochó el dirigente socialista al actual Ejecutivo autonómico. Además, Modesto Pose culpó al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que las licitaciones de obra pública "se redujeron un 50%".

MÉRITO

La creación de las delegaciones territoriales de la Xunta, el decreto sobre el uso del gallego en la educación y la Ley de Cajas son, según Pose, "tres aspectos de cómo la acción política está para generar problemas a los ciudadanos". En cuanto a la labor de oposición "constructiva" por parte del PSOE, explicó que el "mérito" corresponde al PP, "que nos dio materia suficiente por si estábamos un poco adormilados, levantarnos y denunciar con energía determinadas políticas".

Por otra parte, Modesto Pose también censuró la gestión de la Consellería de Sanidade porque "en nueve meses las listas de espera prácticamente se duplicaron". El dirigente socialista tildó de "nefasta" la acción del PP en materia sanitaria y de "equivocada" la construcción de los nuevos hospitales en Pontevedra y Vigo mediante un sistema que, según dijo, "va a multiplicar su valor por cuatro o cinco".

Pose apuntó al presidente local del PP de Pontevedra, Telmo Martín, como "inductor de este tinglado" y advirtió que si los gallegos "tenemos que pagar todos los años cien millones de euros de compromiso con las empresas a las que se adjudique la gestión de los hospitales, vamos a quedar sin fondos para cualquier compra de tecnología sanitaria".

Diario de Pontevedra, 20 de febrero de 2010

jueves, 18 de febrero de 2010

O noso blog en Diario de Arousa

"A agrupación socialista de Pontecesures xa ten operativo un blog en Internet (a dirección é http://socialistaspontecesures.blogspot.com) a través do que transmitir o seu punto de vista sobre a política municipal, dar a coñecer eventos organizados polo partido e, en definitiva, comunicarse cos seus afiliados e simpatizantes. No blog están recollidas, por exemplo, as notas de prensa emitidas pola agrupación sobre diversas temáticas, e nas que os internautas poden deixar comentarios. Conta tamén cun enlace á web do PSdeG-PSOE, así como ás páxinas de varios medios de comunicación."

Diario de Arousa, 18 de febreiro de 2010

jueves, 4 de febrero de 2010

Cea de Confraternidade dos socialistas cesureños


O vindeiro sábado 13 de febreiro, ás 9 da noite, terá lugar a Cea de Confraternidade da Agrupación Socialista de Pontecesures, no restaurante Casa Gómez.

A dito acto, que xa ven sendo unha referencia entre os militantes e simpatizantes socialistas da comarca, ten confirmada a súa presencia Pablo García, senador e secretario de organización do PSdeG-PSOE, así como numerosos alcaldes dos concellos próximos.

Se desexas vir, podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico socialistaspontecesures@gmail.com ou ben nos teléfonos 639 03 04 58 e 670 51 28 14. O prezo do menú é de 15 €.