A principios do vindeiro mes de xullo terán lugar as Festas do Carme en Pontecesures, e o día 23 de dito mes, arribarán á nosa vila a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla –na que participará o arzobispo de Santiago Julián Barrio–, e a Ruta Quetzal, dirixida por Miguel de la Quadra Salcedo.
Son datas sinaladas nas que Pontecesures recibirá moitísimas visitas e consideramos que debe dar a mellor imaxe. Os socialistas de Pontecesures instamos ao goberno municipal a que realice as xestións oportunas ante Portos de Galicia para que as instalacións portuarias e a súa contorna presenten o seu mellor aspecto, eliminando a maleza e o lixo que se atopan na beira do río. No mesmo sentido, urxe a instalación das papeleiras nas principais rúas da vila, xa prometidas no seu momento polo goberno municipal, a conta do Fondo Estatal de Inversión Local.
Por outra banda, queremos destacar o retraso que, un ano máis, se produce no inicio da actividade da piscina municipal. Noutros concellos, estas instalacións abren as súas portas a mediados do mes de xuño e extenden a temporada ate mediados de setembro. En Pontecesures é habitual que a apertura da piscina se retrase ata o comenzo do mes de xullo, o que fai que o número de días de aproveitamento destas instalacións se reduza moito. En relación co anterior, os Socialistas de Pontecesures botamos en falla un programa de ocio dirixido aos máis pequenos da casa, que oferte actividades lúdicas infantís durante as vacacións escolares para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.