Recibimos con satisfacción a noticia de que o Ministerio de
Fomento vaia acometer a remodelación das beirarrúas da N-550 ao seu paso por
Pontecesures. Máis ainda cando no pleno do pasado mes de novembro, preguntamos
por este asunto no pleno.
E satisfácenos aínda máis, porque desde o ano 2016, o grupo
parlamentario socialista, a instancias da agrupación socialista local, ven
realizando enmendas reiteradamente, para que, por valor de 250.000 €, se
inicien estes traballos. Enmendas que son rechazadas, ano tras ano, polo
Partido Popular.
Alegrámonos que desta volta, o goberno municipal súmese a
esta proposta, despois de que por moitos anos se negara a apoiala, dando ás
costas a unha petición que un clamor por parte da veciñanza.
Avanzamos que imos presentar, a través do noso deputado
Guillermo Meijón, unha pregunta por escrito no Congreso sobre esta iniciativa e
unha Proposición de Lei sobre este asunto.