lunes, 7 de marzo de 2011

Os Socialistas de Pontecesures organizan unha charla para conmemorar o Día da Muller Traballadora



A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Pontecesures organiza unha charla-coloquio para conmemorar o Día da Muller Traballadora, o vindeiro venres día 11 ás 20,30 horas na súa sede da rúa Travesía da Bandeira.
Na mesma, intervirán Carmen Cajide, deputada autonómica e secretaria provincial de igualdade do PSdeG-PSOE e Victoria Hierro, concelleira de Igualdade e Política Social de Vilagarcía de Arousa. Por outra banda, o candidato socialista á alcaldía, Roque Aráujo, presentará as súas propostas en materia de conciliación e corresponsabilidade para o Concello.

1 comentario:

  1. A Carme Cajide púxoa a parir o concelleiro do Psoe de Valga manolo o de cordeiro na prensa, e ten razón quixo presionalo con tanta ideoloxia, que se deixen de historias os socialistas, hai que ir facendo a maleta...

    ResponderEliminar

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"