TRABALLAR POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
En defensa dos avances conseguidos e a continuidade e desenvolvemento das políticas sociais
Puntual, como todos os anos cada 3 de decembro o Partido Socialista se une á conmemoración deste día xunto ás organizacións da discapacidade. Facendo balance dos avances conseguidos e sinalando os que quedan por facer.
Dentro de poucos días formaranse as novas Cortes Xerais e en consecuencia teremos un novo goberno. Os españois quixeron que o Partido Socialista lidere a oposición e nesa tarefa, defenderemos os dereitos e a igualdade de oportunidades, do mesmo xeito, que viñemos facendo ata agora.
O noso compromiso coas persoas con discapacidade e as políticas dirixidas a estas, segue vixente e estando na nosa axenda política.
Durante estes anos de goberno socialista produciuse un avance, sen precedentes, das políticas dirixidas cara ás persoas con discapacidade e nese camiño imos continuar. Propoñendo iniciativas que favorezan a igualdade e a non discriminación para que as persoas con discapacidade poidan exercer os seus dereitos con plena garantía e eficacia, con especial atención ás que favorezan a accesibilidade, a formación e o emprego.
Temos un proxecto político, un plan de traballo, que marcará a folla de ruta que seguiremos ao longo da X lexislatura que se inicia nos próximos días.
Traballar pola igualdade de oportunidades significa traballar por unha educación inclusiva que garanta a formación das persoas con discapacidade, requisito imprescindible para lograr ou facer máis doada a súa integración laboral, co propósitode poder optar a unha mellor calidade dos postos de traballo e unha maior empregabilidade.
A nosa vontade é poder seguir avanzando en medidas que favorezan o acceso á educación inclusiva e ao emprego, prioritario para a integración das persoas con discapacidade.
Traballar pola igualdade de oportunidades é facelo por aquelas persoas que a súa discapacidade engádense outras condicións que as fan máis vulnerables como vivir no medio rural, ser muller ou inmigrante. A eles debemos dirixir medidas específicas para favorecer a súa igualdade.
É moi importante sinalar que, ante as intencións de recortes manifestadas polo futuro goberno conservador en políticas sociais e en particular á Lei de Dependencia, os socialistas traballaremos pola súa defensa, a súa aplicación, o seu pleno desenvolvemento e o seu financiamento, que achegue seguridade ao sistema, aos beneficiarios e ás súas familias.
Seguiremos traballando xunto ao Terceiro Sector, como aliados imprescindibles para lograr unha sociedade mellor, máis comprometida e máis participativa.
O Partido Socialista sempre defendeu os dereitos e liberdades e vai a continuar defendendo como ninguén a igualdade de oportunidades e a cohesión social. Non podemos retroceder.
3 de decembro de 2011.