martes, 1 de marzo de 2011

Desapego da realidade

Unha vez máis o goberno tripartito de Pontecesures sorpréndenos levando a cabo iniciativas plantexadas polos socialistas cesureños. Evidentemente noo temos a exclusividade de apuntar as cousas que o pobo necesita, pero sorprende que despois de ser criticadas, as nosas iniciativas sexan postas en marcha polo equipo de goberno. Á última correspóndese coas actividades que para os máis pequenos vanse realizar durante as vacacións de Entroido. Os motivos para levar a cabo ditas actividades, segundo a nota publicada na prensa, seméllanse sorprendentemente aos esgrimidos polos socialistas para as vacacións de Nadal. Daquela non se podían levar a cabo por falta de cartos, e agora si? Non todo se reduce a unha mera cuestión económica. Desde logo, semella que o actual goberno municipal de Pontecesures está alonxado da realidade social da vila e das súas necesidades.

3 comentarios:

  1. ¿Non será porque as eleccións están a volta da esquina?

    ResponderEliminar
  2. Supoño que non teredes estas grandes ideas patentadas, porque poderiades denunciar o goberno tripartito. ¿E si non queredes que vos copien as innovacións esas vosas, que se fan en todos os sitios, porque non estades calados. Estariades máis guapos.

    ResponderEliminar
  3. Os socialistas non patentan as ideas, éstas fanse públicas sempre, pensando no mellor bienestar dós ciudadáns. E moi grato que o goberno "tripartito" de Pontecesures asuma as ideas socialistas porque os beneficiarios son os que teñen que ser: OS VECIÑOS DO NOSO POBO.

    ResponderEliminar

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"