jueves, 30 de diciembre de 2010

A voltas coa conciliación

Fai uns días comentabamos as poucas actividades de lecer para cativos que se realizan no noso concello coincidindo coas datas de Nadal. Moitos veciños e veciñas estiveron de acordo con esta opinión e así nolo fixeron saber, facendo fincapé na necesidade de habilitar Espazos Concilia en Pontecesures.
Unha necesidade que, ademais, se viu reflectida no éxito acadado pola actividade desenvolvida o pasado 29 de decembro pola ANPA do CPI Pontecesures. A ANPA levou a cabo esta iniciativa en dúas quendas que superaron todas as previsións de asistencia realizadas pola directiva da entidade.
Este feito reforza aínda máis a nosa esixencia: durante os períodos de lecer, os pais e nais deste concello precisan actividades para os seus fillos que dean resposta a unha necesidade real expresada polos veciños e veciñas de Pontecesures.
Ante a inexistencia das mesmas, queremos agradecer o esforzo realizado pola ANPA do CPI Pontecesures que organizaron esta actividade sen contar con ningún tipo de apoio oficial.

miércoles, 29 de diciembre de 2010

Os socialistas de Pontecesures reclaman actividades de Nadal pensadas para as familias

O partido socialista de Pontecesures, a través do seu secretario xeral e candidato nas próximas eleccións municipais, Roque Araújo, considera que unha vez máis as actividades programadas neste Nadal polo goberno municipal resultan insuficientes e considera imprescindible a creación dun Espazo Concilia para os nosos nenos e nenas durante estas datas de vacacións escolares. Esta iniciativa xa se realiza noutros Concellos de Galicia cunha grande aceptación por parte dos responsables dos pequenos.

Estos programas permiten conciliar vida laboral e familiar, ofrecer unha alternativa de lecer para os cativos do noso Concello e fomentar un espazo de interrelación e de creatividade en grupo.

A posta en marcha de actividades deste tipo supón pensar en políticas sociais e comezar a resolver os problemas reais dos nosos veciños e veciñas. Non se trata dunha cuestión económica, senón de programar e establecer as prioridades encamiñadas á consecución do benestar social no Concello de Pontecesures.

Felices Festas e Bo Ano 2011!

A Agrupación Socialista de Pontecesures deséxache unhas felices festas e que o próximo ano 2011 veña cargado de boas novas para ti e a túa familia e que se cumplan todas as nosas expectativas!

lunes, 27 de diciembre de 2010

Os socialistas de Pontecesures reclaman actividades de nadal pensadas para as familias

O partido socialista de Pontecesures, a través do seu secretario xeral e candidato nas próximas eleccións municipais, Roque Araújo, considera que unha vez máis as actividades programadas neste Nadal polo goberno municipal resultan insuficientes e considera imprescindible a creación dun Espazo Concilia para os nosos nenos e nenas durante estas datas de vacacións escolares. Esta iniciativa xa se realiza noutros Concellos de Galicia cunha grande aceptación por parte dos responsables dos pequenos.

Estos programas permiten conciliar vida laboral e familiar, ofrecer unha alternativa de lecer para os cativos do noso Concello e fomentar un espazo de interrelación e de creatividade en grupo.

A posta en marcha de actividades deste tipo supón pensar en políticas sociais e comezar a resolver os problemas reais dos nosos veciños e veciñas. Non se trata dunha cuestión económica, senón de programar e establecer as prioridades encamiñadas á consecución do benestar social no Concello de Pontecesures.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Roque Araújo, candidato dos socialistas á alcaldía de Pontecesures


Na asamblea celebrada por esta agrupación o pasado venres, Roque Araújo, actual secretario xeral da agrupación socialista local, foi elexido candidato á alcaldía nas eleccións do vindeiro mes de maio.
O programa que levará á campaña incluirá medidas bastante innovadoras, a maioría centradas no fomento do emprego, nas políticas para conciliar a vida laboral e familiar e a atención aos veciños, porque o Concello ten que estar ao servizo dos cidadáns, e non dos concelleiros.
Esta candidatura pretende aglutinar ao electorado progresista da vila e recuperar o espazo político que lle corresponde na corporación municipal.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Urxente: cambio de lugar da Asamblea

Pos causas alleas á nosa vontade, vémonos na obriga de cambiar o lugar no que se celebrará a Asamblea Extraordinaria do próximo venres. A xuntanza celebrarase no local situado na Travesía da Bandeira, nº 2.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Asamblea extraordinaria da Agrupación Local do PSdeG-PSOE

O secretario de Organización da nosa agrupación, José Manuel Rey, ven de convocar unha Asamblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro día 17 de decembro de 2010, venres, ás 20.30 h. da noite en primeira convocatoria e as 21.00 h. en segunda convocatoria, no restaurante Casa Gómez de acordo coa seguinte orde do día:

1) Constitución da Asamblea e Elección de Mesa.
2) Presentación de candidato/a a alcaldía de Pontecesures nas vindeiras eleccións municipais.
3) Elección de candidato/a a alcaldía de Pontecesures.

Agardamos a asistencia de todos os afiliados e afiliadas da nosa agrupación.

viernes, 3 de diciembre de 2010

Éxito da charla sobre a Lei de Augas

A convocatoria que a Agrupación Socialista de Pontecesures realizou para esta charla non puido ter mellor acoliida. Foron moitos os veciños e vecinas do noso concello e da contorna os que acudiron puntualmente a cita na Casa Gómez. A todos e a todas vaia o noso agradecemento por facer os esforzo de asistir, a pesares das adversas condicións meteorolóxicas.
Evidentemente queremos agradecer a presenza de Carmen gallego, que realizou unha charla moi amena e dun xeito moi claro atendeu ás numerosas preguntas feitas polos asistentes.
Lembrar que a posta en marcha desta nova Lei –con toda seguridade despois das próximas eleccións municipais–, suporá un incremento no recibo do suministro doméstico de auga, e en particular, os propietarios de pozos e membros de traídas veciñais terán que pagar, e a cambio, non recibirán ningunha contraprestación.
Os Socialistas de Pontecesures, na nosa labor de información a todos os veciños e veciñas, estamos a súa disposición para o que precisen sobre este asunto e sobre todos aqueles outros temas que lles interesen.