A penosa programación de Nadal do Concello de Pontecesures non podía ter outro colofón: a Cabalgata de Reis (ou máis oportunamente, Andaina de Reis), non nos defraudou en absoluto. Para os que sospetaibamos da improvisación e a desidia como pautas do actual equipo de goberno con todo o relacionado coas actividades culturais, o resultado da programación de Nadal non puido ser máis triste.
Non negamos que a chegada dos Reis polo río era un bo arranque para a Cabalgata, pero o que é imperdoable é a eliminación do recorrido en carrozas polas rúas do pobo. Un acto que era do agrado de toda a veciñanza , dos comerciantes e hostaleiros do pobo, e en especial, dos nenos e nenas da vila. Esa Cabalgata, que xa era unha tradición neste pobo, foi sustituida por un paseíño desganado e desordenado ata a Plazuela.
Só hai unha explicación ao sucedido: a desidia e o pouco esforzo adicado a esta actividade. Non era unha cuestión de presupuesto, só de traballo e interese polo pobo.
viernes, 6 de enero de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)