lunes, 29 de julio de 2013
lunes, 22 de julio de 2013
Carta aberta dirixida a tod@s @s militantes de Pontecesures:
Hoxe, 22 de xullo comeza o período de recollida de avais para a presentación de candidatura a Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na consulta non vinculante que convocou o Comité Nacional Galego e que terminará o día 2 de Agosto ás 14:00 horas.
Tódolos militantes temos dereito a avalar a aquel candidato que desexemos, pero só podemos facerllo a un deles, quedando invalidado o noso aval, se llo fixésemos a máis dun.
Podese cumprimentar o aval por correo electrónico, descargando e imprimindo o modelo na web do PSdeG-PSOE: www.psdeg-psoe.org , para despois cubrilo e escanealo, enviándollo ao candidato avalado por via mail ou correo ordinario.
As webs dos canditatos presentados ata o momento son:
http://gomezbesteiro.com/
http://www.candidatomanel.com/
Dende a Executiva Local anunciamos que temos a disposición dos miltantes os documentos para avalar a cada candidato, e que nos días vindeiros poñeremos datas de apertura da sede para facilitar o proceso a quen o necesite e así recoller os avais para os candidatos.
No caso de que algún militante lle fora imposible acudir á sede local, poñédevos en contacto co Secretario Xeral ou coa Secretaria de Organización que vos facilitarán a firma de ditos avais.
Saúdos e sorte aos candidatos.
Tódolos militantes temos dereito a avalar a aquel candidato que desexemos, pero só podemos facerllo a un deles, quedando invalidado o noso aval, se llo fixésemos a máis dun.
Podese cumprimentar o aval por correo electrónico, descargando e imprimindo o modelo na web do PSdeG-PSOE: www.psdeg-psoe.org , para despois cubrilo e escanealo, enviándollo ao candidato avalado por via mail ou correo ordinario.
As webs dos canditatos presentados ata o momento son:
http://gomezbesteiro.com/
http://www.candidatomanel.com/
Dende a Executiva Local anunciamos que temos a disposición dos miltantes os documentos para avalar a cada candidato, e que nos días vindeiros poñeremos datas de apertura da sede para facilitar o proceso a quen o necesite e así recoller os avais para os candidatos.
No caso de que algún militante lle fora imposible acudir á sede local, poñédevos en contacto co Secretario Xeral ou coa Secretaria de Organización que vos facilitarán a firma de ditos avais.
Saúdos e sorte aos candidatos.
sábado, 20 de julio de 2013
Pachi Vázquez: «Non vou ser candidato á reelección como secretario xeral. É o momento dos militantes»
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo hoxe que «de acordo co que decidín o mesmo día das eleccións autonómicas, non vou ser candidato á reelección como secretario xeral do PSdeG-PSOE» para dar paso á persoa que escollan os militantes socialistas a través dun proceso de eleccións primarias.
O líder dos socialistas galegos dixo que “é o momento dos verdadeiros protagonistas deste proceso: os militantes e os candidatos. Puntualizou que os militantes escollerán por primeira vez co seu voto en urna ao seu secretario xeral e os candidatos teñen que conseguir ilusionar e fomentar a participación”
TRANSCRICIÓN DA ROLDA DE PRENSA DE PACHI VÁZQUEZ
“Bos días.
Hoxe para min é un día de satisfacción, e quero dicirlles a vostedes que veño a dar conta, e que vou cumprir cun compromiso que acadei aquí mesmo, neste mesmo lugar, a noite das eleccións autonómicas.
Comprometinme aquí mesmo a abrir un proceso de renovación na dirección do PSdeG.
Comprometinme ademais a facelo dun xeito que vai mai alá dun Congreso Extraordinario convencional.
Comprometinme cos militantes da miña organización política a traballar para que todos eles tiveran por primeira vez na historia do socialismo en toda España voz e voto en urna á hora de elixir ao seu secretario xeral marcando un camiño que estou seguro de que o socialismo en toda España seguirá nos tempos vindeiros e, seguramente, será o camiño que van a seguir o resto das formacións políticas cando haxa unha nova Lei de Partidos Políticos.
Deste xeito, ademais de convocar o que considero unha auténtica renovación, pero renovación pola base, devolvémoslle todo o protagonismo aos verdadeiros artífices desta formación política que son os nosos militantes.
O sábado día 13, o Comité Federal, en Madrid, deu luz verde a este proceso de consulta e ao proceso de Congreso Extraordinario.
Vostedes saben ben que non foi un camiño fácil, foi un camiño difícil, como tódalas novidades, pero ao final acadamos ese punto de encontro que lle da autonomía ao PSdeG para poñer en marcha este proceso innovador e verdadeiramente pioneiro en toda España.
A continuación, esta semana recorrín toda Galicia compartindo cos secretarios xerais nas provincias e cos secretarios das agrupacións locais a análise deste proceso e acadando practicamente un consenso total sobre a celebración da consulta e sobre a celebración do Congreso.
Saben vostedes que o luns formalmente comeza este proceso coa recollida de avais no que cada precandidato ten que conseguir o dez por cen das firmas para considerarse como tal.
E hoxe quero aquí, diante de todos vostedes tamén, dicir que, de acordo co que decidín a mesma noite, o mesmo día das eleccións autonómicas, non vou ser candidato á reelección como secretario xeral.
Comuniqueille por carta a tódolos cargos do meu partido esta decisión ao mesmo tempo que os invito a participar con ilusión e con ganas neste proceso de renovación pola base.
Logo de gañar un Congreso, hai ano e medio, non tería ningún sentido convocar todo este proceso para volver a presentarme eu.
O meu compromiso, que vin mantendo e que hoxe quero ratificar aquí, é o compromiso de impulsar nestes meses o proceso de renovación pola base do PSdeG.
Quero facelo con exquisita neutralidade.
Quero facelo traballando para garantirlle aos militantes e aos candidatos tódalas facilidades para que este proceso sexa un éxito.
É o momento dos verdadeiros protagonistas do cambio que se vai producir no PSdeG.
Hai dous grandes protagonistas: os militantes e os candidatos. Non fan falta intermediarios.
Por primeira vez en un proceso de selección vai ser directamente cada militante quen escolla ao seu secretario xeral. A acción dos militantes vai ser decisiva porque, primeiro cos seus avais e despois cos seus votos, van definir ao futuro secretario ou secretaria xeral do PSdeG-PSOE.
Pero tamén hai outros verdadeiros protagonistas, que son os que teñen que tomar a decisión de ser candidatos. Os candidatos que, coas súas propostas, teñen que conseguir ilusionar e fomentar a participación dos militantes neste proceso.
Temos que facelo poñendo enriba da mesa as dúas verbas que estou seguro que van marcar o futuro da política en toda España: participación e transparencia. E o PSdeG ten que ser o que ten que acadar o máximo nivel de responsabilidade para que isto sexa así.
Eu vou a traballar para garantir isto. Vou traballar ata que se celebre o Congreso Extraordinario para seguir traballando e defendendo ao PSdeG en tódolos actos institucionais e na defensa de tódalas actividades parlamentarias.
Despois fareino como parlamentario, fareino como membro do Comité Federal pero, sobre todo, fareino como algo do que me sinto tremendamente orgulloso, fareino como militante de base, sendo un mais os 11.300 militantes que ten a nosa organización.
viernes, 19 de julio de 2013
Pontecesures ofrece en agosto clases de reforzo para familias con problemas económicos
O Concello de Pontecesures anuncia a promoción durante
o mes de agosto de clases particulares totalmente de balde para nenos e nenas
de todos os niveis educativos cuxas familias teñan problemas económicos.
Con esta iniciativa se pretende garantir que todo o
alumnado, teña recursos ou non, poida acceder aos mesmos servizos durante o
verán, nomeadamente nunha época como esta de crise económica, que conleva que
moitas familias non dispoñan dos recursos necesarios para que os seus fillos e
fillas cursen clases de apoio ou de preparación dos exames de setembro.
Os docentes son un grupo de mozos e mozas que xa
remataron as súas carreiras universitarias ou están a piques de facelo, que
ofrecen os seus servizos dun xeito voluntario. Deste xeito, queda garantida a
formación en todas as materias e para todos os niveis. O concello quere
agradecer publicamente o esforzo desinteresado destas persoas, sen as que sería
imposible poñer en marcha este servizo, o mesmo tempo que anuncia que ainda
poden sumarse máis voluntarios a esta actividade.
As clases impartiranse durante o mes de agosto na Casa
do Concello, en horario de mañá, durante dous días á semana. Así mesmo, os
rapaces recibirán formación unha horas por clase.
As persoas interesadas en tomar parte destas clases
deberán acudir a Servizos Sociais, no seu horario habitual de atención ao
público, durante o presente mes de xullo, xa que as previsións do goberno local
pasan por iniciar esta actividade o 1 de agosto. No momento de cursar a
inscripción, haberá que dicir a idade do beneficiario, o curso académico e as
materias das que desexa recibir a formación de apoio ou para realizar os exames
de setembro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)