lunes, 7 de marzo de 2016

MANIFESTO 8 DE MARZO 2016 DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES SEMPRE CONTRA O MACHISMO 136 ANOS CONSTRUÍNDO IGUALDADE


Conmemoramos o 8 de marzo co carácter festivo e reivindicativo que o Día Internacional das Mulleres entraña. Este ano facemos noso o concepto de Nacións Unidas sobre igualdade substantiva que consiste en converter a igualdade nominal das nosas leis nunha igualdade real. Para alcanzala, hai que actuar en tres esferas interrelacionadas: corrixir a situación socioeconómica na que o goberno popular situou ás mulleres, loitar contra os estereotipos machistas e todas as manifestacións de violencia xénero e traballar polo fortalecemento da representatividade e a participación das mulleres. Para alcanzar a igualdade substantiva, non só é necesario facer máis senón facelo mellor.
Ese facelo mellor ten un punto de partida: encarar os problemas e chamalos polo seu nome, encarar as solucións e chamalas polo seu nome. O problema chámase discriminación, desigualdade, patriarcado. Un problema que vai en aumento. Na última lexislatura disparáronse todas as brechas de xénero, decenas de mulleres son asasinadas cada ano e tamén cada ano aumenta o número de menores asasinados, fillos e fillas de maltratadores. O discurso machista campa as súas anchas e fixéronse habituais os hostigamientos ás feministas e ás defensoras dos dereitos das mulleres.
A solución á profunda desigualdade entre homes e mulleres chámase feminismo. Foron moitos os intentos de eliminar a consistencia ideolóxica e a tradición política e intelectual do feminismo así como a súa longuísima loita social. É hora de falar claro e de dar solucións. O fume e a confusión non son, non deberían ser, instrumentos políticos. 2
Desde aqueles anos nos que as socialistas conseguiron as primeiras e modesta cota do 12% de participación ata facer realidade o concepto de paridade, o traballo pola igualdade foi constante.
Nese camiño tivemos moitos éxitos: la Lei Integral conta a Violencia de Xénero estatal e autonómica, a Lei de Igualdade –en Galicia, coa de Igualdade no Traballo-, a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo, a Lei de Matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a Lei de Dependencia, o Plan Concilia, o Plan de Educación 0- 3, a implantación da coeducación e a educación para cidadanía.
Son éxitos que recordamos con emoción, con orgullo. Todas as leis, todos os avances foron pasos decisivos cara unha sociedade máis digna, máis xusta. Foron cambios que melloraron a vida das persoas, que melloraron a nosa sociedade.
Por todo elo, ademais do orgullo do conquistado, a nosa historia empúxanos a seguir reivindicando e propoñendo solucións que comezan incluíndo a igualdade como eixe prioritario de actuación que ademais, esténdase de forma transversal ao resto de accións políticas.
Sempre contra o machismo significa impulsar un grande Pacto Institucional, Político e Social contra a violencia de xénero, un Pacto de Estado que consiga erradicar a manifestación máis extrema da desigualdade. En Galicia levamos anos con cifras inasumibles, con seis mulleres asasinadas en 2014, oito en 2015 e xa dúas no pouco que vai de ano. BASTA XA.
Sempre contra o machismo significa apostar por unha economía da Igualdade que elimine as barreiras no acceso ao emprego, a permanencia e a promoción, que acabe coas deferencias salariais e a rémora histórica de que as mulleres responsabilicen case en exclusiva dos coidados. Queremos unha Lei pola Igualdade Salarial que rache con esa brecha do 24% que en Galicia, malia ser unhas décimas inferior, supón peores rendas polos salarios e condicións laborais inferiores ás da maior parte do Estado. En Galicia, unha de catro mulleres ten un contrato a tempo parcial, e as cifras son máis preocupantes no caso das mozas.
Sempre contra o machismo significa que sen mulleres non hai democracia. No PSdeG- PSOE queremos unha democracia paritaria, unha democracia participativa para a que é necesario realizar un novo pacto social que inclúa ás mulleres. Un Pacto de Xénero que supoña o recoñecemento equilibrado entre homes e mulleres en todos os ámbitos, en todas as institucións.
Sempre contra o machismo inclúe acabar coa prostitución e a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, manifestacións da violencia de xénero. Inclúe traballar na erradicación dunha das máis crueis e esperemos últimas formas de escravitude.
Sempre contra o machismo inclúe construír un sistema coeducativo que garante a formación en igualdade entre os sexos en todos os niveis (dende infantil ata a universidade), que incorpore os intereses, coñecementos e historia das mulleres no currículo; que proporcione unha formación afectivosexual que contemple a perspectiva de xénero dende os primeiros ciclos e ensine a resolver os conflitos de forma pacífica e non sexista, de maneira que sexa a mellor prevención contra a violencia de xénero.
Sempre contra o machismo significa defender a liberdade de elección das mulleres sobre a súa maternidade, recoñecer e respectar os dereitos sexuais e reprodutivos. Esiximos o dereito a elixir se queremos ser nais e tamén a non selo e esiximos acceder a uns recursos públicos de calidade e axeitados, tanto cando imos ser nais como cando interrompimos o noso embarazo, por decisión propia o por cuestións médicas.

O dicía Clara Campoamor cando pedía o voto feminino: “la República no puede defraudar a las mujeres”. A democracia, tampouco. A democracia non pode defraudar ás mulleres. Queremos unha sociedade de homes e mulleres que poidan soñar con facer realidade os seus proxectos vitais,os seus proxectos profesionais, que teñan a posibilidade de decidir qué queren estudar, onde queren vivir, qué tipo de familia queren construír, a quen queren amar, cómo poden ser felices. Queremos unha sociedade na que as mulleres vivan libres de violencia. Unha sociedade na que ninguén se queda fora, na que ninguén se queda atrás. Sempre contra o machismo. ¡Feliz 8 de marzo!