sábado, 4 de junio de 2016

Os socialistas de Pontecesures presentamos unha Ordenanza Reguladora da Limpeza Viaria e Ornato Público

O grupo municipal da PSdeG-PSOE presentou na mañán do sábado no Rexistro do Concello unha Ordenanza Reguladora da Limpeza Viaria e Ornato Público. Esta ordenanza ten por obxecto regular, dentro das competencias municipais, a limpeza de vías e ornato público, establendo unhas normas xerais de actuación ao respecto, así como un sistema de infraccións e sancións para o caso do seu incumprimento. Esencialmente a razón da mesma e informar e orientar ao cidadán, a través  dunha maior concienciación cidadá para que todos colaboremos para que o noso municipio permaneza limpo
O obxectivo final que se pretende é que o concello esté limpo e en condicións e ofrecer unha imaxe máis amable e coidada para a veciñanza e para os visitantes que se acercan ao noso municipio.
Deste xeito preténdese dar resposta as queixas da veciñanza pola falta de limpeza, excrementos caninos, e as pintadas e carteles que abundan por toda a  vila. Tamén recolle os anos provocados no mobiliario urbano, xa sexa polo seu mal uso ou por actos de vandalismo.
A ordenanza comprende tamén o mantemento de solares e terreos, para mantelos limpos de maleza, herbas e desperdicios, e evitar deste xeito, problemas de cheiros, incendios ou salubridade.c Esta ordenanza ten por obxecto regular, dentro das competencias municipais, a limpeza de vías e ornato público, establendo unhas normas xerais de actuación ao respecto, así como un sistema de infraccións e sancións para o caso do seu incumprimento. Esencialmente a razón da mesma e informar e orientar ao cidadán, a través  dunha maior concienciación cidadá para que todos colaboremos para que o noso municipio permaneza limpo
O obxectivo final que se pretende é que o concello esté limpo e en condicións e ofrecer unha imaxe máis amable e coidada para a veciñanza e para os visitantes que se acercan ao noso municipio.
Deste xeito preténdese dar resposta as queixas da veciñanza pola falta de limpeza, excrementos caninos, e as pintadas e carteles que abundan por toda a  vila. Tamén recolle os anos provocados no mobiliario urbano, xa sexa polo seu mal uso ou por actos de vandalismo.

A ordenanza comprende tamén o mantemento de solares e terreos, para mantelos limpos de maleza, herbas e desperdicios, e evitar deste xeito, problemas de cheiros, incendios ou salubridade.