A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Pontecesures manifesta que as tres alternativas
que presenta a Xunta de Galicia para a remodelación do porto de Pontecesures son un claro exemplo dunha proposta electoralista que simplemente pretende enganar aos veciños ante as próximas eleccións municipais.
As propostas, entre as que se inclúen levar o tráfico pesado de Nestlé pola rúa principal ou meter camións de corenta toneladas e máis de catorce metros de longo pola ruela existente entre o Club Náutico e o edificio de Correos, só poden xustificarse coma un xeito de manipular aos votantes para, finalmente, non facer nada e deixar as cousas como estaban.
Que obra se pretende facer se non hai ningunha consignación nos orzamentos?.
Desde o Partido Socialista defendemos a proposta realizada pola anterior Xunta de Galicia, por ser a máis realista e viable e que ademais xa contou coa asignación orzamentaria no seu momento.
Igualmente pedimos ao grupo de goberno deste concello que abandone as súas liortas
internas e protagonismos e que, dunha vez por todas, se poña de acordo ante unha obra
que é fundamental para o futuro do noso pobo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"