A partires de xuño os soldos de tódolos funcionarios das distintas administracións van a ser revisados a baixa como unha das medidas de aforro para afrontala crise económica na que nos atopamos. Estes axustes serán proporcionais a categoría de cada funcionario.
Tendo en conta que moitas das administracións e institucións mais representativas do Estado van rebaixar tamén os salarios dos cargos públicos e representantes políticos como medida lóxica ante a situación actual, consideramos que o Concello de Pontecesures non debe ser unha excepción ás medidas que se están a tomar.
No concello de Pontecesures, ademais dos funcionarios, a alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro Rafael Randulfe están a percibir salarios do erario municipal. É evidente que aplicar unha rebaixa aos funcionarios e non facelo con estes cargos electos é unha discriminación inadmisible.
Nestes momentos de dificultade económica na que nos atopamos, as forzas políticas deben predicar co exemplo; e para elo os socialistas de Pontecesures instamos a que se rebaixen as retribucións a todos os membros da corporación nun 15%.
Esta redución aplicaríase aos soldos da alcaldesa e do concelleiro Rafael Randulfe, e extenderíase tamén nas asignacións por asistencia a plenos, comisións, etc.
Esta medida, ademais de supoñer un aforro para as arcas municipais, traslada aos veciños a idea de que todos temos que poñer o noso grao de area para saír canto antes da situación económica na que nos atopamos.
Apelamos á responsabilidade de todos os grupos políticos que conforman á corporación municipal, para que respalden esta iniciativa e deste xeito enviar unha mensaxe clara aos veciños: superar a actual situación económica require do esforzo de todos.