viernes, 15 de octubre de 2010

Meijón acusa á Xunta de dificultar o acceso aos comedores escolares dos estudantes de bacharelato

Sinala que o Executivo continúa coa “progresiva privatización” dos comedores para tentar impoñer en Galicia o modelo de Esperanza Aguirre

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, acusou hoxe á Xunta de impedir o acceso aos comedores escolares dos estudantes de bacharelato e ensino non obrigatorio e os mestres. Meijón presentou no Pleno do Parlamento unha Interpelación contra a “progresiva privatización” deste servizo público anunciada por Feijóo.

O parlamentario socialista acusou á Xunta de dificultar o acceso aos comedores aos estudantes de bacharelato aos que a aplicación informática impide acceder aos listados, correndo o risco de quedar fora do amparo legal do marco normativo, como por exemplo o seguro de responsabilidade.

Denunciou que a Xunta impide acceso ao comedor dos alumnos de ensino secundario que non utilizan transporte escolar pero que contan con prazas vacantes suficientes para facer uso do mesmo. Advertiu así que o sentido da eficiencia do presidente da Xunta “vai acabar con bocadillos nas escolas”.

Criticou que teñan comezado tamén coa prohibición do uso destes comedores aos docentes, tal e como denunciaron os sindicatos educativos, que teñen recorrido as instrucións neste sentido emitidas pola Xunta en contra do Decreto vixente. Advertiu que estas actuacións e os anuncios do presidente da Xunta de minorar as partidas para o servizo de comedor escolar busca implantar en Galicia o modelo educativo de Esperanza Aguirre ou Francisco Camps.

Meijón rexeitou as denuncias reiteradas de buratos nas partidas de comedores escolares, xa que, explicou, o PP asumiu a xestión da Consellería 6 meses antes do peche do exercicio, con tempo suficiente para facer os axustes necesarios e remataron 2009 con máis de 20 millóns de euros por executar. Dixo que isto confirma que “o seu concepto de máis con menos supón gastar máis onde non fai falta e menos onde se necesita”.

Ademais, sinalou que as partidas orzamentarias “non faltan” porque “permitíronse luxos como a campaña dun millón de euros para publicitar a imposición lingüística, o pago das enquisas, o cambio de “galescolas” a “galiñas azuis”, o leasin ou renting de vehículos por dez millóns de euros, tiraron 12 millóns nos libros de texto en galego, 1,2 no derrubamento do Centro Ribera Casás de Cervo ou o cambio do IES de Celanova dende a súa ubicación actual.

O parlamentario socialista esixiu ao conselleiro que confirme os anuncios do presidente da Xunta de recortar os orzamentos de 2011 nas partidas de comedor escolar, e reclamou que explique si seguirán diminuíndo o número de comedores xestionados pola administración autonómica e si paralizarán a creación de novos comedores.

Meijón preguntou si retomarán o modelo de copago que ocasionou unha “desfeita” logo de incrementar o prezo nun 15 por cento e cambiar o modelo de pago “que causou un gran caos de funcionamento e só rectificaron ante as xustificadas protestas das nais e pais e dos equipos directivos”.

O PSdeG insta a Feijóo a "comprometerse coa honestidade" para excluír aos tránsfugas das listas electorais do PP

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista contra o transfuguismo e declarar esta práctica e a quen se aproveita dela “incompatible coa práctica democrática”

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa socialista para erradicar o transfuguismo. A viceportavoz socialista Mar Barcón chamou a Feijóo a “comprometerse coa honestidade” para excluír aos tránsfugas das listas electorais e lembrou que logo de aprobar unha iniciativa semellante hai un ano promoveron a moción de censura de Folgoso do Caurel tamén apoiada nun tránsfuga.

Barcón dixo que a responsabilidade de que non haxa tránsfugas en Galicia, así como do incremento do paro e das listas de espera nesta Comunidade Autónoma, ou de non presentar alegacións ao decreto do carbón é do presidente da Xunta que é quen “debe defender a honestidade”.

Advertiu que o PP é o maior beneficiado das censuras apoiadas en tránsfugas mentres ratificou o compromiso dos socialistas galegos para non levar “miserables” nas listas electorais e non premiar “a indecencia”. Desafiou ao PP a “respaldar a decencia e honestidade ou a seguir buscando escusas para amparar aos tránsfugas cos que seguir sostendo a Deputación de Pontevedra e os intereses do líder do PP da provincia, Rafael Louzán”.

Lembrou que “todas e cada unha” destas operacións “beneficiaron ao PP” e “resulta innegable a participación directa dalgúns baróns provinciais do PPdeG, nomeadamente de Louzán”. Lembrou Trives, Abegondo, Silleda, Láncara, Mos e Gondomar e dixo que a consecuencia é que “cargos de confianza do PP se sentan sen escrúpulos en sillóns de alcaldías e amosan sen avergoñarse os froitos de operacións co obxectivo de manter a Deputación de Pontevedra”.

Reclamou o compromiso dos partidos políticos de non incluír tránsfugas declarados nas listas electorais dos partidos democráticos para “eliminar o transfuguismo como fórmula lexítima ou aceptada para chegar ao poder”. Reclamou o compromiso para poñer por diante dos intereses electorais a defensa da ética política, dos dereitos dos cidadáns e da lexitimidade democrática”.

Os socialistas presentaron así unha iniciativa para “manter Galicia limpa de tránsfugas e de construír unha política galega dende a honestidade, a transparencia e a dignidade” evitando “premiar, respaldar e darlle cobertura” a esta práctica política. Barcón reclamou o compromiso de Feijóo contra o transfuguismo en alusión ao teórico compromiso do presidente “coa legalidade, coa ética e coa eliminación do enchufismo e do caciquismo”.

Barcón reclamou a renovación do compromiso dos grupos parlamentarios en contra do transfuguismo e lembrou que logo de apoiar unha iniciativa semellante fai un ano para que “ao día seguinte, en Folgoso do Caurel, o PP actuaba na dirección oposta e asaltaba un goberno con maioría absoluta sustentado por un tránsfuga”.

Benidorm

Criticou a “desvergoña” do PP ao alegar “escusas” xustificando que Feijóo teña que esperar ao caso de Benidorm ou a unha modificación da Lei electoral que non presentan para impedir o transfuguismo mentres reclama ao mesmo tempo capacidade para elixir fármacos propios ou lexislar sobre o territorio galego.

Dixo que “o responsable do transfuguismo en Galicia non se atopa en Benidorm nin se chama Leire Pajín, senón que se chama Alberto Núñez Feijóo”, e sinalou que “si falan deste caso teremos que falar tamén de Zaplana, de Empuries, Castrourdiales, Denia e corenta localidades máis”.

Texto da iniciativa:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1- Elaborar unha lista de concelleiros e concelleiras declarados tránsfugas pola Mesa do Acordo Antitransfuguismo.
2- Elaborar, antes de dous meses, un informe sobre as posibilidades nas limitacións ás mocións de censura, por esixencia de distintos mecanismos, e remitilo a este Parlamento.
3- Evitar e supervisar que os tránsfugas non recollen as chamadas “plusvalías” de acordo co previsto no Acordo.
4- Rexeitar calquera vulneración do Pacto antitransfuguismo e declarar incompatible coa rexeneración e a práctica democrática o transfuguismo, e a aqueles que o sustentan ou del se aproveitan”.

miércoles, 6 de octubre de 2010

A ANPA do CPI Pontecesures traballa por un servizo de comedor

Nos últimos dias, os pais e nais dos nenos do CPI Pontecesures están a recibir unha enquisa da ANPA sobre o seu o interés en implantar o servizo de comedor no Centro.
Desde a Agrupación Socialista de Pontecesures felicitamos á directiva da ANPA por esta iniciativa, que trata e acadar para o centro escolar un servizo largamente ansiado por todos os pais e nais que tratan de conciliar a vida laboral e familiar.
Agardamos que o esforzo da ANPA acade o éxito que a comunidade escolar cesureña merece.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Xuntanza da Coordinadora socialista da comarca Ulla-Umia en Valga

A Coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE do Ulla-Umia, reunida onte en Valga, lamentou o acto vándalico sufrido na sede da Agrupación Local de A Estrada o pasado 16 de setembro, e quere amosar a súa solidariedade cos compañeiros e compañeiras da devandita agrupación.
Na xuntanza organizouse o traballo de cara aos próximos comicios municipais, instando a cada unha das agrupacións locais a perseverar na presentación das mellores listas posibles nos seus respectivos concellos.
Na conversa debatíronse distintos asuntos de ámbito comarcal, que en áreas prioritarias para os socialistas como sanidade, educación, medio ambiente ou políticas sociais, están sendos maltratados polos gobernos municipais de Partido Popular e pola actual Xunta de Galicia.
Neste sentido, a Coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE apoia as xustas reivindicacións do IES de Valga ante a situación de deterioro do proceso educativo, derivado da arbitraria decisión da Xunta de Galicia de eliminar de dito centro a un total de cinco profesores, así como varias materias optativas e suprimir o Ciclo Superior de Construccións Metálicas.
Igualmente lamenta o abandono que, neste grave asunto, amosaron os equipos de goberno dos concellos de Valga e Pontecesures nos que os concelleiros do Partido Popular non foron quen de facer frente a estas lamentables decisións da Xunta de Galicia que causan un grave perxuicio aos estudantes de ambos concellos.

jueves, 16 de septiembre de 2010

O grupo socialista condena e rexeita o ataque á sede do PSdeG-PSOE da Estrada cun artefacto explosivo

Leiceaga visitará a sede dos socialistas da Estrada xunto co presidente do Grupo Parlamentario e secretario Xeral, Pachi Vázquez

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia quere amosar a súa máis rotunda condena e rexeitamento ao ataque perpetrado na pasada noite contra a sede do PSdeG-PSOE da Estrada cun artefacto explosivo. Os socialistas galegos consideran profundamente lamentable o emprego da violencia sen sentido que en ningún momento ten cabida nunha sociedade democrática madura como é a galega.

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, e diversos parlamentarios autonómicos, acompañarán hoxe ao presidente do Grupo e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e ao alcalde socialista da Estrada e os compañeiros da agrupación na visita que terá lugar na mañá de hoxe.

Estoupa un artefacto na sede do PSOE da Estrada


Según a edición dixital de "La Voz de Galicia", «un artefacto explosivo colocado en una ventana de la sede del PSdeG en A Estrada ha estallado la madrugada de este jueves y ha provocado "importantes daños materiales" en las instalaciones de este partido político, así como en el piso superior, en un garaje contiguo y en automóviles estacionados en las inmediaciones, según ha explicado el alcalde de este municipio pontevedrés, José Antonio Dono.
La explosión ocurrió en torno a las 2.15 horas de esta madrugada en un bajo de la céntrica calle Castelao, en A Estrada, donde desde hace tres años y medio tiene su sede el PSdeG. La voz de alarma la dio la Policía Local, que se encontraba cerca del lugar de los hechos, hasta donde ya se ha desplazado la Guardia Civil y expertos de los TEDAX para recabar pruebas sobre lo sucedido.
Los indicios preliminares, según ha confirmado el regidor de A Estrada, apuntan a que el artefacto "podría haber sido hecho con pólvora", pero no se tiene constancia de que ninguna organización haya reivindicado la autoría del atentado.

"Nada nos hacía indicar que esto pudiese pasar, pero es una explosión similar a otras que han tenido lugar en otros puntos de la comunidad autónoma", ha comentado José Antonio Dono en relación a acciones violentas perpetradas por la organización independentista Resistencia Galega, aunque sin citarla expresamente.»


martes, 31 de agosto de 2010

Peche anticipado da piscina municipal

O Concello anuncia o peche da piscina municipal por esta tempada para o vindeiro 2 de setembro. Volven a actuar de costas a realidade social do pobo. Si xa foron das últimas en abrir da comarca, agora cometen a torpeza de pechar antes de tempo.
Cremos que o peche destas instalacións debe retrasarse ata o vindeiro 15 de setembro, toda vez que o comezo do curso escolar fixouse para o 10 de setembro, e a piscina municipal e practicamente a única actividade de lecer para os nenos e nenas de Pontecesures.
Por outra banda, é preciso lembrar a os veciños e veciñas de Pontecesures o estado no que se atopan estas instalacións: bombas que non funcionan, baldosas e losetas desprendidas, setos e árbores descoidados, vestiarios mal equipados... Todas estas deficiencias corresponde subsanalas ao Concello. Xa que logo o goberno municipal decide cando abrir a piscina, ten a responsabilidade de que o faga nas mellores condicións.