viernes, 15 de octubre de 2010

O PSdeG insta a Feijóo a "comprometerse coa honestidade" para excluír aos tránsfugas das listas electorais do PP

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista contra o transfuguismo e declarar esta práctica e a quen se aproveita dela “incompatible coa práctica democrática”

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa socialista para erradicar o transfuguismo. A viceportavoz socialista Mar Barcón chamou a Feijóo a “comprometerse coa honestidade” para excluír aos tránsfugas das listas electorais e lembrou que logo de aprobar unha iniciativa semellante hai un ano promoveron a moción de censura de Folgoso do Caurel tamén apoiada nun tránsfuga.

Barcón dixo que a responsabilidade de que non haxa tránsfugas en Galicia, así como do incremento do paro e das listas de espera nesta Comunidade Autónoma, ou de non presentar alegacións ao decreto do carbón é do presidente da Xunta que é quen “debe defender a honestidade”.

Advertiu que o PP é o maior beneficiado das censuras apoiadas en tránsfugas mentres ratificou o compromiso dos socialistas galegos para non levar “miserables” nas listas electorais e non premiar “a indecencia”. Desafiou ao PP a “respaldar a decencia e honestidade ou a seguir buscando escusas para amparar aos tránsfugas cos que seguir sostendo a Deputación de Pontevedra e os intereses do líder do PP da provincia, Rafael Louzán”.

Lembrou que “todas e cada unha” destas operacións “beneficiaron ao PP” e “resulta innegable a participación directa dalgúns baróns provinciais do PPdeG, nomeadamente de Louzán”. Lembrou Trives, Abegondo, Silleda, Láncara, Mos e Gondomar e dixo que a consecuencia é que “cargos de confianza do PP se sentan sen escrúpulos en sillóns de alcaldías e amosan sen avergoñarse os froitos de operacións co obxectivo de manter a Deputación de Pontevedra”.

Reclamou o compromiso dos partidos políticos de non incluír tránsfugas declarados nas listas electorais dos partidos democráticos para “eliminar o transfuguismo como fórmula lexítima ou aceptada para chegar ao poder”. Reclamou o compromiso para poñer por diante dos intereses electorais a defensa da ética política, dos dereitos dos cidadáns e da lexitimidade democrática”.

Os socialistas presentaron así unha iniciativa para “manter Galicia limpa de tránsfugas e de construír unha política galega dende a honestidade, a transparencia e a dignidade” evitando “premiar, respaldar e darlle cobertura” a esta práctica política. Barcón reclamou o compromiso de Feijóo contra o transfuguismo en alusión ao teórico compromiso do presidente “coa legalidade, coa ética e coa eliminación do enchufismo e do caciquismo”.

Barcón reclamou a renovación do compromiso dos grupos parlamentarios en contra do transfuguismo e lembrou que logo de apoiar unha iniciativa semellante fai un ano para que “ao día seguinte, en Folgoso do Caurel, o PP actuaba na dirección oposta e asaltaba un goberno con maioría absoluta sustentado por un tránsfuga”.

Benidorm

Criticou a “desvergoña” do PP ao alegar “escusas” xustificando que Feijóo teña que esperar ao caso de Benidorm ou a unha modificación da Lei electoral que non presentan para impedir o transfuguismo mentres reclama ao mesmo tempo capacidade para elixir fármacos propios ou lexislar sobre o territorio galego.

Dixo que “o responsable do transfuguismo en Galicia non se atopa en Benidorm nin se chama Leire Pajín, senón que se chama Alberto Núñez Feijóo”, e sinalou que “si falan deste caso teremos que falar tamén de Zaplana, de Empuries, Castrourdiales, Denia e corenta localidades máis”.

Texto da iniciativa:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1- Elaborar unha lista de concelleiros e concelleiras declarados tránsfugas pola Mesa do Acordo Antitransfuguismo.
2- Elaborar, antes de dous meses, un informe sobre as posibilidades nas limitacións ás mocións de censura, por esixencia de distintos mecanismos, e remitilo a este Parlamento.
3- Evitar e supervisar que os tránsfugas non recollen as chamadas “plusvalías” de acordo co previsto no Acordo.
4- Rexeitar calquera vulneración do Pacto antitransfuguismo e declarar incompatible coa rexeneración e a práctica democrática o transfuguismo, e a aqueles que o sustentan ou del se aproveitan”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"