Nos últimos dias, os pais e nais dos nenos do CPI Pontecesures están a recibir unha enquisa da ANPA sobre o seu o interés en implantar o servizo de comedor no Centro.
Desde a Agrupación Socialista de Pontecesures felicitamos á directiva da ANPA por esta iniciativa, que trata e acadar para o centro escolar un servizo largamente ansiado por todos os pais e nais que tratan de conciliar a vida laboral e familiar.
Agardamos que o esforzo da ANPA acade o éxito que a comunidade escolar cesureña merece.
Que carallo van a conseguir estas, cando Sabariz non consigueo o comedor co persistente e traballador que é...¿a onde irán estas?. Ademáis hai que contar que a Xunta non vai dar o comedor polos recortes nos presupostos, están a reducir gastos, non a aumentalos. Por certo que os recortes veñen dados polo maravilloso PSOE que temos no goberno central. Os nenos que coman na súa casa, que estarán dende logo mellor alimentados que cos famosos caterings. Agora queremos que todo no lo den mondado e así lle vai o pais.
ResponderEliminarPoden conseguir moito máis do que imaxinas, só hai que saber atopar solucións alternativas a un problema. Pode que ti teñas solventado o problema da comida dos teus fillos, pero hai moitos pais que pola súa situación persoal ou laboral pasan moitos apuros, e vense na obriga de levar aos seus fillos a outros colexios que dan servizo de comedor, cos gastos que implica.
ResponderEliminarPrecisamente pola situación de crisis que estamos a pasar, evitar estos gastos e conseguir que os nenos podas comer no centro escolar é moi loable o traballo das compoñentes da ANPA.
Por certo, ao Sr. Sabariz agradecerlle os servizos prestados; non é un dios nin moito menos.
Como resposta a "anónimo", remitímoslle a nova publicada máis adiante coas declaracións de Guillermo Meijón, portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. Esa é a realidade da educación en Galicia, a onde nos leva o modelo que quere implantar o PP. Trátase dun problema de xestión, de eficiencia, de administrar os recursos –escasos certo é–, e de establecer prioridades.
ResponderEliminarEspaña vai na cola de Europa en educación, inda que haxa comedores, transporte ou moita conciliación, os socialistas ca Logse escarallaron o nivel educativo, pasando a todo dios de curso, e con tanta igualdade, desde o orixe do home, para formarse hai que estudiar e moito, o demais son caralladas e formar mediocres
ResponderEliminarNon podes comparar os esforzos da directiva do ANPA por mellorar os medios do colexio coa desfeita que esta facendo o PP co ensino en Galicia. Pero que vas saber, si tampouco distingues educacion de cultura, como se desprende do que escribes.
ResponderEliminar