O Concello anuncia o peche da piscina municipal por esta tempada para o vindeiro 2 de setembro. Volven a actuar de costas a realidade social do pobo. Si xa foron das últimas en abrir da comarca, agora cometen a torpeza de pechar antes de tempo.
Cremos que o peche destas instalacións debe retrasarse ata o vindeiro 15 de setembro, toda vez que o comezo do curso escolar fixouse para o 10 de setembro, e a piscina municipal e practicamente a única actividade de lecer para os nenos e nenas de Pontecesures.
Por outra banda, é preciso lembrar a os veciños e veciñas de Pontecesures o estado no que se atopan estas instalacións: bombas que non funcionan, baldosas e losetas desprendidas, setos e árbores descoidados, vestiarios mal equipados... Todas estas deficiencias corresponde subsanalas ao Concello. Xa que logo o goberno municipal decide cando abrir a piscina, ten a responsabilidade de que o faga nas mellores condicións.
martes, 31 de agosto de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Estou dacordo, con esta calor. QUEREMOS A PISCINA ABERTA ATA QUE PASEN ESTES DIAS. Xa sabemos ainda que se diga eles solo por jo..van a pechala. Son así de simpáticos. E despois o Sabariz aínda nos fai unha analise de ingresos e gastos. Ay, pobre de nos con esta panda.
ResponderEliminar