martes, 2 de octubre de 2012

Compromiso para aprobar as leis galegas de Igualdade de Trato e de Visibilidad


O cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Pontevedra, Abel Losada, anunciou que “os socialistas si gobernamos comprometémonos a aprobar unha Lei Galega de Igualdade de Trato, similar a que deixou presentada o goberno socialista en Madrid, así como unha Lei Galega de Visibilidade co obxectivo de defender os dereitos dos colectivos LGTB”.
Abel Losada fixo estas declaracións na 4ª Romaría Socialista pola Visibilidade, onde estivo acompaño polo secretario de Organización do PSdeG e candidato pola provincia de Pontevedra, Pablo García, pola ex-secretaria de Estado de Igualdade e deputada, Laura Seara, polo Coordinador do colectivo LGTB do PSdeG, Fito Ferreiro, e polo Alcalde da Caldas de Reis, Juan Manuel Rey.
Neste senso, Losada avanzou algúns dos compromisos socialistas destinados a estes colectivos, deste xeito apuntou “comprometémonos a impulsar unha fiscalía contra a discriminación, ademais de garantir puntos de información e asistencia en tódolos concellos galegos”.
O candidato socialistas apuntou que “os socialistas cremos na igualdade das persoas independentemente da súa tendencia sexual, así como cremos nos distintos modelos de familia que existen hoxe en día, a diferenza do PP que mantén unha actitude reaccionaria e hipócrita”. Ademais Losada censurou que “o obxectivo tanto de Rajoy como de Feijoo é volver a o modelo de familia dos anos 50, onde a muller esta na cociña e o home no traballo”.
Pola súa banda, a deputada Laura Seara esixiulle ao Goberno de Rajoy que “retire inmediatamente o recurso da vergoña contra o lei matrimonio homosexual si queren mirar a xente aos ollos”. Ademais a ex- secretaria de Estado de Igualdade avanzou que “é bastante probable que o Tribunal Constitucional rexeite o recurso do PP contra a Ley de Matrimonio Homosexual, aprobada polo goberno de Zapatero.”.
Por último, Fito Ferreiro, Coordinador do colectivo LGTB do PSdeG, recibiu o recoñecemento dos asistentes á Romaría Socialista pola Visibilidade pola súa labor, o seu compromiso e o seu traballo en pro da defensa dos dereitos dos colectivos LGTB.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"