O candidato socialista participou o domingo nun acto político na Estrada, acompañado pola candidata da comarca, Belén Louzao, no que presentou as principais medidas económicas do programa electoral do PSdeG, que inclúen aplicar unha nova fiscalidade que grave mais ás rendas mais altas, e propuxo unha bolsa – contrato para 25.000 mozos e mozas, así como a creación de 50.000 empregos durante a lexislatura para mozos, parados de longa duración e mulleres.
Lembrou tamén o seu compromiso de revogar o “inxusto e inútil sistema de copago sanitario” para os pensionistas galegos, presentar unha Lei para blindar a sanidade e o ensino públicos. Tamén comprometeuse a rescindir os concertos dos colexios que segreguen por sexos para destinar eses fondos a garantir a gratuidade dos libros de texto para as familias galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"