martes, 2 de octubre de 2012

IV Xantar pola visibilidade rural LGTB dos socialistas de Galicia


Celebrouse o pasado sábado 29 de Setembro en Caldas o IV Xantar pola visbillidad LGTB que por cuarto ano celebra o grupo LGTB dos Socialistas de Galicia “7 CORES”
Unha aventura que comenzou en Monterroso, o segundo ano en Castrelo do Miño e o ano pasado en Cerceda.
Casi douscentos amigos e amigas acudierón a este acto  que pretende visibilizar e apoiar a todas esas persoas lesbianas, gais, transxuales e bisexuais que viven nas aldeas, pobos tanto do interior como de costa de Galicia.
O candidato que encabeza as listas do PSdeG por Pontevedra, Abel Losada, comenzo o turno de palabras anunciando que, de chegar ao Goberno autonómico, o seu partido comprométese a “aprobar unha lei galega de igualdade de trato, así como unha de visibilidade” para a defensa dos dereitos das lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (LGTB).
Tamén acudiron a ‘IV Romaría socialista pola visibilidade’ o secretario de Organización do PPdeG, Pablo García; a deputada socialista Laura Seara; o coordinador do colectivo LGTB do PSdeG, Fito Ferreiro; e o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rei. E tamén estaban acompañados polos coordinadores dos grupos locales LGTB Gonzalo Diz de Compostela, Jose Manuel Montero de Ourense y Jose Angel Santoro de Vigo.
Na súa intervención, Losada reafirmou o compromiso socialista de “impulsar unha fiscalía contra a discriminación”, así como “puntos de información e asistencia” na totalidade de municipios da Comunidade galega.
A continuación, Seara advertiu ao Goberno estatal de que “se quere mirar á xente aos ollos” terá que “retirar inmediatamente o recurso da vergoña contra a lei de matrimonio homosexual”.
É máis, a exsecretaria de Estado de Igualdade considerou “bastante probable” que o Tribunal Constitucional rexeite o recurso presentado polo Partido Popular contra a lexislación aprobada durante o mandato de José Luís Rodríguez Zapatero.
“MODELOS DE FAMILIA”
“Os socialistas cremos na igualdade das persoas independentemente da súa tendencia sexual, así como cremos nos distintos modelos de familia que existen hoxe en día”, reivindicou o cabeza de lista por Pontevedra.
De feito, o tamén portavoz parlamentario do PPdeG censurou que o “obxectivo” do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do titular do Goberno central, Mariano Rajoy, é “volver ao modelo de familia dos anos 50, onde a muller está na cociña e o home no traballo”.
Fito Ferreiro falou da problemática especial dos homosexuais e transexuais que viven nas  vilas e aldeas galegas. “Temos que traballar contra esa homofobia que fai que as persoas homosexuais e transexuais escapen vivir ás nosas cidades, fóra do seu pobo. Non podemos deixar que ser lesbiana, gai, transexual ou bisexual sexa unha das causas que fagan á xente LGTB marchar de onde naceron.
Si, emigrar por ter unha orientación sexual ou identidade de xenero distinta. Unha realidade que os socialistas debemos evitar.” Tamén  o coordinador do grupo LGTB “7CORES” recordou que a lei de matrimonio Homosexual ainda ten sen resolver o recurso do PP ante o tribunal constitucional despois de sete anos.  
Ramón Alonso, candidato número 18 do PSdeG por Pontevedra e membro do grupo LGTB lembrou que o ministro de Educación e Cultura Jose Ignacio Wert eliminou a asignatura de educación para a cidadania co que esto implica. “Que os nosos adolescentes, medren sen saber que as  condicións sexuais de cada un son licitas, respetables e naturalmente non nos fan distintos de ninguen no traballo ni no social.”   E recordou a promesa de que Pachi Vazquez, futuro presidente dos Galegos, implantara a asignatura de Educación para a Ciudadania nos centros Galegos. “Para que os nosos nenos e adoslescentes sepan das igualdades das persoas, sen homofobia, creando unha xeneración rica en pensamento, sensisbilidade e tolerancia” dixo Ramon Alonso.
Para rematar  este  “IV Xantar pola Visibilidad LGTB actuarón a Drag “Afrodita”, o transformista “Humberto Rianxeira”  e o grupo de percusión da “Banda de Música de Caldas”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"