sábado, 13 de noviembre de 2010

Os Socialistas de Pontecesures esixen que a nova Lei de Augas vaia a pleno

Os Socialistas de Pontecesures reclaman que se debata no próximo pleno a cancelación da Lei de Augas aprobada polo Parlamento de Galicia a instancias do PP.

Os socialistas consideran que o único afán da lei é recaudatorio e que é sólo un proxecto de prezos, xa que fai que a auga en Galicia vaise cobrar un 120% máis cara que en Andalucía e suporá aumentar a recadación nun 97% en 2011, cando o Goberno galego prevé ingresar por este impuesto 68,5 millóns de euros.

Esta nova Lei non recoñece unha realidade galega, como son as traídas veciñais, nacidas do esforzo cidadán por manter no rural auga en cantidade e calidade suficientes, cando a administración non garantizaba os abastecementos. Agora, esta nova Lei vaille cobrar a auga a eses cidadáns que se abastecen das traídas veciñais, sin garantir o mantemento desas instalacións, que seguirán sendo reparadas e mantidas co traballo e os medios dos propios veciños.

1 comentario:

  1. Venga chicos, animo quedan seis meses, lo estais haciendo bien.

    ResponderEliminar

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"