Sinala que o presidente provincial do PP “vai a tope en endebedamento, en mocións de censura e en discriminación de concellos pola cor política”
O parlamentario socialista Modesto Pose acusou hoxe ao presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, de “amparar á corrupción” a través dunha xestión “opaca, discrecional e sectaria” do ente. Na comparecencia de Louzán na Comisión de Orzamentos do Parlamento, dixo que “imos a tope en endebedamento, en mocións de censura e en discriminación de concellos”.
Dixo que “non vemos que mellore a súa concepción democrática con ideas tan peregrinas dende o punto de vista institucional como igualar os acordos de gobernabilidade entre socialistas e nacionalistas en Pontevedra co transfuguismo”. Pose explicou que “transfuguismo é que señores que pertencen á lista dun partido político son comprados dalgunha maneira por outras siglas que non recibiron ese apoio.
O tamén secretario provincial do PSdeG-PSOE contrapuxo a “actitude mafiosa” das situacións “ilexítimas” que se producen cando “unha persoa pertencente á lista dun partido, e que se atopa en situación de debilidade ou crise é traballada con persistencia e alevosía ata que cae e se produce unha alteración democrática”. Sinalou que estas “situacións de transfuguismo declarado” déronse na provincia “en moitos ámbitos”.
O parlamentario socialista criticou o alto nivel de endebedamento da Deputación provincial levando á entidade ata o 109 por cento, logo de sumar aos 116 millóns de euros de débeda outros 10 logo da solicitude dun crédito. Dixo que “imos a tope en endebedamento, en mocións de censura, e en discriminación de concellos pola cor política”.
Tamén criticou que o Plan anticrise presentado para o período 2009-2011 non foi deseñado para mobilizar a economía do país, senón que foi un plan de control da Deputación para utilizar os recursos e adxudicalos “cos criterios que xa sabemos”. Sinalou que “si o obxectivo fora subsanar o problema do desemprego e para a dinamización económica farían como no Plan E do Estado e repartirían os fondos obxectivamente”.
Tamén advertiu que “conta con 11 millóns de euros de fondos de libre disposición para repartir con libre albedrío” e só despois de que os socialistas desvelaran a retirada do Plan de Promoción do Emprego, e que para subsanalo tivo que destinar 3 millóns procedentes destes fondos.
NIN TRANSFUGUISMO NIN LECHES, AQUÍ EN CESURES HOUBO UN ENGANA TONTOS. SOLAMENTE QUEREN O MELLOR PARA ELES, A XENTE, OS VECIÑOS, ESES QUE TEMOS QUE PAGAR IMPOSTO TRAS IMPOSTO, ARRIMAR O HOMBRO BEN, PERO AOS GOVERNANTES NON LLES IMPORTAMOS TRES "CARBALLOS".
ResponderEliminarBien dicho, en Puentecesures hubo una traición hacia los vecinos, donde está la trasparencia en las elecciones. A mucha gente le quitan las ganas de ir a votar, es que es molesto que una señora que no tiene ni el Graduado y si lo tiene lo quitó por la noche,a mucha honra para las personas que lo están haciendo. A lo que ibamos, quiero decir, es lamentable que una persona con esas ansias de gobernar, cosa que no sabe, puesto que lo de ella es meterse en asociaciones, "Corpus Cristi" y si la dejamos, llega hasta la "Ascensión". Ahora le estará haciendo la guardia a Louzán, a lo mejor, con lo bien que lo hace irá de diputada para la Diputación de Pontevedra.
ResponderEliminarYo no estoy de acuerdo en generalizar, a sabariz lo veo un politico honrado y trabajador, es cierto que va a su aire pero se preocupa por todo, informa, respeta y consigue cosas para el pueblo, yo soy del psoe pero lo eso lo reconozco
ResponderEliminar