O acto contará coa participación de 97 alcaldes e máis de 1.100 concelleiros e portavoces, ademais de presidentes das deputacións, deputados nacionais, autonómicos, provinciais e senadores
O PSdeG dará esta fin de semana o “pistoletazo de saída” de cara ás eleccións municipais coa celebración da Convención Municipal; un acto no que os socialistas galegos abordarán as liñas estratéxicas do partido de cara á vindeira cita electoral. No acto, que se desenvolverá o vindeiro sábado 20 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago, participarán os 97 alcaldes socialistas, os máis de 1.100 concelleiros, os presidentes das deputacións provinciais e os deputados nacionais, autonómicos, provinciais e senadores.
Así o avanzou hoxe o secretario de Organización, Pablo García, na rolda de prensa posterior á xuntanza da Permanente do PSdeG, na que explicou que a Convención contará coa participación do presidente do PSOE, Manuel Chaves, a ministra de Sanidad, Política Social e Igualdad, Leire Pajín, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o secretario de Estado e membro da Executiva Federal, Gaspar Zarrías, e o secretario de Política Municipal do PSOE, Antonio Hernando, ademais do secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, quen clausurará o acto.
A Convención Municipal servirá para “compartir e por en valor o modelo municipal que nos últimos anos convenceu aos cidadáns galegos”, subliñou García, “ e que demostrará a solvencia do municipalismo socialista en Galicia, que goberna e administra a case o 60 por cento dos cidadáns da comunidade”.
Para elo organizaranse ao longo da mañá diversas mesas de traballo nas que alcaldes, concelleiros e portavoces abordarán as liñas estratéxicas que están a seguir os concellos gobernados polo PSdeG e as previstas de cara ás vindeiras eleccións. Estas estarán centradas no compromiso coas políticas sociais, que actualmente están a sacar adiante os concellos ante o abandono do Goberno de Feijóo; e o obxectivo de liderar as políticas de creación de emprego para saír da crise, fronte a falla de políticas activas de emprego da Xunta.
García lembrou que actualmente son os concellos os que “están a tirar” das políticas de emprego e sociais mentres o Goberno galego lles da as costas, e subliñou que “ninguén pode negar a transformación das grandes cidades e vilas galegas da man dos alcaldes e alcaldesas socialistas”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"