Sestayo acusa a Mato de “sepultar” a lei da dependencia ao excluír das axudas aos solicitantes en trámite
Considera que a conselleira “recoñece a mentira das promesas de Feijóo” e esixe que explique “qué fará coas axudas do goberno para este colectivo”
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 10. A portavoz de Xustiza e Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, acusou hoxe á conselleira de Traballo e Benestar de “sepultar” a Lei da Dependencia en Galicia ao anunciar nos medios que excluirá das axudas aos solicitantes en trámite. Sestayo presentará unha serie de iniciativas parlamentarias contra o incumprimento flagrante da Lei por parte do Goberno de Feijóo.
A parlamentaria socialista sinala que a conselleira “recoñece explicitamente” as mentiras da campaña electoral de Feijóo “cun novo punto do seu decálogo que se cae”, xa que “mentres anunciaba que en 3 meses pagaría a todos os dependentes, vemos cómo en dous anos da por enterrada a Dependencia en Galicia e temos que enfrontarnos ás mentiras, mentiras e máis mentiras do presidente da Xunta”.
Sestayo sinala que a conselleira “anuncia hoxe que mentres ofrece a financiación das axudas á dependencia de 37.000 persoas, outras tantas quedarán desatendidas arbitrariamente”, e que coa pasividade do seu goberno deixa aos concellos “solos na atención aos dereitos destas persoas”. Lamenta que, con esta medida, o Executivo de Feijóo “alinéase con Valencia e Madrid na vulneración permanente aos dereitos dos cidadáns e dos dependentes”.
Anuncia que “seguiremos traballando para impedir este ataque aos dereitos dos cidadáns” presentando unha Interpelación parlamentaria e diversas iniciativas e informando ao Goberno central “para que investigue qué fai a Xunta co diñeiro que concede á Xunta e que non destina aos dependentes”. Reclama que explique “ónde van os cartos concedidos polo Goberno central neste sentido”.
Sinala así que o reparto dos fondos que a Xunta percibe do Estado “non se axusta á realidade” porque “as contas non cadran” e dixo que “esperemos que non sirva para premiar aos gobernos do PP independentemente do número de dependentes e financien campañas electorais de xeito indirecto”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"