Meijón denuncia que a Xunta non asume a creación do 50% restantes das novas unidades de infantil e primaria comprometidas
O portavoz de Ensino do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón interveu hoxe na Comisión 4º do Parlamento para interpelar ao Goberno sobre o incumprimento do acordo acadado pola Consellería de Educación cos sindicatos docentes o 10 de xullo de 2009, en relación co agrupamento do alumnado de diferentes niveis, cursos ou ciclos.
Meijon lembrou que o pasado 10 de xullo de 2009 a consellería de Educación acordou cos sindicatos os criterios de agrupamento. A consellería de Educación deu conta deste acordo como un importante éxito, que respondía a unha actuación do goberno de Feijoo para non crear agravios comparativos no rural. Pola súa banda os sindicatos rebaixaron este acordo e sinalaron que firmaron este documento para evitar peches masivos nas aulas de Galicia. E insistiu nas súas criticas “non era un preacordo”, como quere ver facer a Xunta agora “senón un acordo como quedou claro”.
O deputado socialista denuncia que dende o primeiro momento a Consellería de Educación tratou de evitar cumprir os acordos. E advertiu que de forma unilateral a Xunta anunciou que non pensaba cumprir coa segunda fase do acordo correspondente ao curso 2010-2011.
Así as cousas denuncia que a Xunta non asume a creación do 50% restantes das novas unidades de infantil e primaria comprometidas. Dixo que esta decisión so se pode cualificar como “un incumprimento do Goberno de Feijoo”.
Replica que a Consellería de Educación non esta convocando as mesas sectoriais e todo o que ten que ver coa participación da comunidade educativa. Dixo que a Consellería de Educación “é a mais antidemocrática en moitos anos”, espetou.
Meijon dixo que o anterior Goberno autonómico elaborou o catalogo de postos de traballo de Educación “que é o mellor que existe no Estado”. Advertiu que o PP esta utilizando este catalogo “perversamente, para limitar a presencia por exemplo de profesorado de pedagoxía terapéutica e de audición e de linguaxe”, xa que eliminan elementos precisos e necesarios na escola pública.
O deputado socialista afirma que o Conselleiro de Educación tivo que recoñecer a reducción de 300 profesores no curso 2010-11. Lembrou que hoxe mesmo en sede parlamentaria o Director Xeral negoulle información sobre numero de grupos e docentes de FP que se reduciran por culpa do seu recente decreto que incrementaba as ratios mínimas.
Acusou ao Goberno de Feijoo de despilfarrar en plena crise 12 millóns de euros en libros de texto, e de investir 10 millóns de euros en leasing e coches de altos cargos. Amais deixou sen executar cerca de 20 millóns de euros nos orzamentos de educación de 2009, adicou 1 millóns de euros a publicitar o Decreto do Galego, e gastará 1,2 millóns de euros en derribar o colexio CEIP Rivera Casas en Cervo, Lugo.
Sinala que a política de Núñez Feijoo caracterizase por ser regresiva, pola reducción de recursos, materiais humanos no sistema educativo publico, e que pretende desmantelar sempre a favor da privatización.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"