O pasado xoves o secretario da Agrupación Socialista de Pontecesures, Roque Araújo, solicitou o expediente relativo al Obradoiro de Emprego "Pontecesures II". Un trámite absolutamente normal, a travé do cal, só pretendemos coñecer as inversións reais efectuadas, é coñecer porque é necesario inxectar cartos procedentes do remanente de tesorería deste ano, cando o proxecto foi aprobado en decembro do ano pasado, e revisado aos seis meses do seu comezo.
Creemos que na procura da tan cacareada transparencia na xestión, debiamos comprobar estas actuacións, e acudir, como suxireu o Sr. Sabariz, a solicitalo.
A nosa sorpresa é a publicación na prensa desta solicitude; queremos exercer o noso dereito a acceder a toda a información, ben como agrupación política ou ben como cidadáns anónimos, e non entendemos que este trámite, como outros que levan a cabo os veciños e vecinas de Pontecesures diariamente nas oficinas municipais, deban ser postos en coñecemento nos medios de comunicación.
Insistimos que o noso interese pasa exclusivamente por coñecer por qué o remanente de tesourería debe ser aplicado nun proxecto que desde fai tempo debería estar perfectamente planificado e orzamentado, e non se emprega noutras inversións necesarias para todo o pobo.
Por outra parte –non hai mal que por ben non veña–, a publicación desta nova permite dar a coñecer aos nosos veciños e veciñas o traballo que desde a Agrupación Socialista de Pontecesures facemos por observar o traballo do grupo de goberno municipal e opinar sobre o que non nos pareza axeitado para a nosa vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"