Texto íntegro da convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia:
«En cumprimento do disposto no artigo 101 e concordantes da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de Xuíz de Paz titular deste municipio, de acordo coas seguintes bases:
1º. Obxecto: Elixir o Xuíz de Paz titular do Concello de Pontecesures por un período de catro anos.
2º. Requisitos dos aspirantes: Para poder participar na elección requírese ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas nos artigos 303 e 389 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
3º. Prazo de solicitudes: 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
4º. Documentación: Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
• Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do D.N.I.
• Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 punto 1 da Lei 68/80 referente a “si se encontra inculpado ou procesado”.
• Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
Pontecesures, 23 de xuño de 2010.»
PARECE SER QUE VOLVE QUEDAR, MANUEL BECERRA CAMPAÑA, POIS A EXPERIENCIA DESTE HOME, NON YA PODE SACAR NADIE. SALVO QUE RENUNCIE.
ResponderEliminar