lunes, 28 de junio de 2010

Os Socialistas de Pontecesures reclaman máis limpeza no río e nas rúas, así como a apertura da piscina e a realización dun programa de ocio infantil

A principios do vindeiro mes de xullo terán lugar as Festas do Carme en Pontecesures, e o día 23 de dito mes, arribarán á nosa vila a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla –na que participará o arzobispo de Santiago Julián Barrio–, e a Ruta Quetzal, dirixida por Miguel de la Quadra Salcedo.

Son datas sinaladas nas que Pontecesures recibirá moitísimas visitas e consideramos que debe dar a mellor imaxe. Os socialistas de Pontecesures instamos ao goberno municipal a que realice as xestións oportunas ante Portos de Galicia para que as instalacións portuarias e a súa contorna presenten o seu mellor aspecto, eliminando a maleza e o lixo que se atopan na beira do río. No mesmo sentido, urxe a instalación das papeleiras nas principais rúas da vila, xa prometidas no seu momento polo goberno municipal, a conta do Fondo Estatal de Inversión Local.

Por outra banda, queremos destacar o retraso que, un ano máis, se produce no inicio da actividade da piscina municipal. Noutros concellos, estas instalacións abren as súas portas a mediados do mes de xuño e extenden a temporada ate mediados de setembro. En Pontecesures é habitual que a apertura da piscina se retrase ata o comenzo do mes de xullo, o que fai que o número de días de aproveitamento destas instalacións se reduza moito. En relación co anterior, os Socialistas de Pontecesures botamos en falla un programa de ocio dirixido aos máis pequenos da casa, que oferte actividades lúdicas infantís durante as vacacións escolares para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

4 comentarios:

  1. Surteu, en parte efecto esta reclamación, pois xa abriron a piscina, que bien, "la corporación municipal hacen las cosas según se reclaman". Por favor, solo falta un año para governar, teremos que ser nos os socialistas, en poder facelo polo ben do Concello e dos nosos veciños.

    ResponderEliminar
  2. Cousa rara que lle prepararán a rampla os do Naútico. Non queren ter problemas os que gobernan. E eso que non querían o Naútico donde esta. Falamos de demagoxia.

    ResponderEliminar
  3. !!NOVAS DE PONTECESURES¡¡

    NO BOP DE ONTE DO 12 DE XULLO DE 2010:
    Convocatoria pública para a elección
    do Xuíz de Paz titular
    En cumprimento do disposto no artigo 101 e
    concordantes da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo
    do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública
    para a provisión do cargo de Xuíz de Paz titular
    deste municipio, de acordo coas seguintes bases:
    1º. Obxecto: Elixir o Xuíz de Paz titular do Concello
    de Pontecesures por un período de catro anos.
    2º. Requisitos dos aspirantes: Para poder participar
    na elección requírese ser español, maior de idade
    e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade
    ou incompatibilidade sinaladas nos artigos
    303 e 389 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
    3º. Prazo de solicitudes: 15 días hábiles contados
    a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio
    no BOP.
    4º. Documentación: Coa solicitude deberá achegar
    a seguinte documentación:
    • Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada
    do D.N.I.
    • Certificado expedido polo Rexistro Central
    de Penados e declaración complementaria a
    que fai referencia o artigo 2 punto 1 da Lei
    68/80 referente a “si se encontra inculpado
    ou procesado”.
    • Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
    Pontecesures, 23 de xuño de 2010.

    ResponderEliminar
  4. !! NOVAS DE PONTECESURES ¡¡

    NO BOP DA PROVINCIA DE ONTE (12/07/2010):

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"