miércoles, 5 de mayo de 2010

Así está o pobo, así está o goberno municipal


Dando unha volta polas rúas do pobo, en concreto, polas que foron recentemente arregladas, observamos moitas deficiencias, a gran parte delas facilmente subsanables no seu momento. O desinterés e a falta de coordinación provocan estas situacións: bordillos rebaixados nunha beirarrúa e na de enfrente non, pasos de peóns que non se corresponden cos rebaixes, etc.

En certo modo, esta podía ser unha metáfora do goberno municipal: non se entenden, cada un vai polo seu lado, non hai comunicación nin coordinación e tratan de satisfacer os seus interes particulares, sin atender o benestar do conxunto da vila.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"