O pasado xoves 6 de maio, a vila de Pontecesures acolleu unha nova reunión da coordinadora comarcal socialista na que participaron representantes do partido de todos as agrupacións dos concellos integrados na comarca Ulla-Umia. Estes encontros, que de xeito rotatorio celébranse entre todos as agrupacións, teñen por obxecto fornecer as relacións entre os militantes e aproveitar as sinerxias coa posta en práctica de accións comúns.
Un dos puntos que se tratou foi a campaña de afiliación “+ mulleres” posta en marcha recentemente. Unha iniciativa que pretende potenciar a incorporación da muller ao partido, como oportunidade de empoderamento e participación da muller a todos os niveis. Esta medida chega precisamente cando o goberno galego tomou a decisión de suprimir o Servizo Galego de Igualdade, botando abaixo unha ferramenta moi útil para a loita pola igualdade entre homes e mulleres.
Por outra banda avanzáronse os contidos da Conferencia Política que terá lugar os próximos días 12 e 13 de xuño en Santiago de Compostela. Animouse a todas as agrupacións a que colaboren na redacción definitiva deste texto, que sen dúbida, marcará o futuro do partido.
Tamén se tratou polo miúdo as iniciativas parlamentarias nas que se está a traballar da comarca: Porto de Pontecesures, concentración parcelaria de Cuntis, falta de transparencia no proceso da estrada Caldas de Reis-Moraña, Parque de Bombeiros comarcal, Plan Renove para o sector da madeira na Estrada…
Ademais destacouse o traballo das Xuventudes Socialistas, verdadeiro motor do partido. Neste ámbito, programouse unha próxima xuntanza dos membros das XX.SS. da comarca Ulla-Umia.
Finalmente, fíxose un repaso da situación política a todos os niveis e establecéronse medidas de comunicación entre as diferentes agrupación e destas cos cargos orgánicos e institucionais do Partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"