O pasado luns 3 de marzo, o presidente do PP pontevedrés e Presidente da Deputación tivo unha xuntanza con seis acólitos cesureños. O acto tivo lugar no Centro Social, as oito e media da tarde, e non tiveron reparos en desprazar, sin previo aviso, aos nenos da ANPA que alí celebran a súa actividade de teatro, aos baixos do Concello. Dita actividade remata ás sete da tarde; daquela, os peperos cesureños tiñan tempo dabondo para organizar o seu acto. Pero é igual: para o PP vale todo.
Por outra banda, gustaríanos saber si para a utilización do local social, solicitaronno como nos, ou calquera outra asociación ou colectivo debe facer, a través dunha instancia entregada no Concello en tempo e modo axeitados… Permitide que o dubidemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"