miércoles, 5 de junio de 2013

5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



UN CERO AS POLÍTICAS MEDIOAMBIENTAIS DO PP

O PSdeG-PSOE no Día Mundial do Medio Ambiente reiteramos o noso firme compromiso  cos valores que deben inspirar a conservación da nosa contorna, unidos de xeito indiscutible á saúde e ao aseguramento da calidade de vida dos cidadáns de hoxe e do futuro, a mellora do noso capital natural imprescindible para sustentar un desenvolvemento xusto, a innovación tecnolóxica,  a modernización do País e a creación de emprego.
En solo un ano e medio  de Goberno do PP as políticas estatais en materia Medioambiental fan retroceder a España 40 anos en materia medioambiental:
       A costa se pon en venta ao mellor ofertante, confiando en que de aquí saia outra salvación para o decaído mercado urbanístico.
       Renúnciase ao  control público dos obxectivos de impacto ambiental que deben cumprir as actividades industriais, mediante a encomenda as propias empresas das competencias de inspección que ata o de agora estiveran reservadas a administración.
       España renuncia a seguir a folla de ruta da UE na redución de residuos e nos obxectivos de redución da contaminación atmosférica.
       Unha moratoria sine die ao desenvolvemento das enerxías renovables que está a afundir un sector nunha ruinosa situación económica.
       Unha posición por diante de calquera outro país da UE favorable a explotación do fracking.
       Un renovado compromiso nuclear coo despropósito sobre a continuidade de Garoña.

En 4 anos e seis meses o goberno do PP na Xunta de Galicia leva a aniquilación calquera política favoreza o noso contorno,  propoñendo proxectos industriais que lonxe de validar os informes de impacto medioambiental, proxectan a destrución do noso territorio e da sostibilidade do mesmo.

       Así, a permisividade ante a avalancha de solicitudes na comunidade galega de explotacións mineiras, exemplificada na explotación mineira que, si non se impide, instalarase en Corcoesto e que constituirá un grave atentado ecolóxico na comarca de Bergantiños.
       A continua ineficacia do goberno da Xunta de Galicia en materia de residuos incapaz de avanzar cara unha xestión eficaz e medioambientalmente sostible dos mesmos coas únicas propostas de repetir o erro da creación de Sogama.
       Da lei de augas e o novo canon da auga, con claro afán recadatorio e incumprindo a directiva europea marco da auga, ademais dun abandono continuo na depuración dos nosos ríos e rías.
       O abandono do rural, a non existencia dun compromiso público co interior estase tornando nun abandono masivo do mesmo, coas terribles consecuencias das hectáreas de masa forestal arrasadas polo lume nos últimos anos.
       A política nefasta na loita contra os incendios forestais na que non existe a prevención e se  volta a épocas pasadas responsabilizando da xestión dos lumes aos Concellos.

Todo isto levado a cabo mostrando  un claro desprezo a comunidade científica, fronte a calquera vía de participación cidadá e contra as iniciativas parlamentarias da oposición.
Dende o PSdeG-PSOE no Día Mundial do Medio Ambiente cualificamos cun cero sen paliativos as políticas ambientais do PP.
Fronte a quen pretende privar a humanidade dun patrimonio natural no que o goce do mesmo debe alcanzar a todas as sociedades presentes e futuras, temos o dereito e o deber de elevar a voz e defendelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"