viernes, 1 de marzo de 2013

Pachi Vázquez anuncia un congreso extraordinario e un proceso de participación no que cada militante elexirá co seu voto á nova dirección


O sábado terá lugar unha Executiva, antes do Comité Nacional, para concretar o modelo de elección por parte de tódolos militantes da nova dirección do PSdeG e na que tamén se fixará a data dun Congreso Extraordinario que culminará o proceso
O líder socialista esíxelle a Feijóo que explique por qué o PPdeG é o principal aportador de diñeiro ilegal ao partido, de acordo cos papeis de Bárcenas
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, anunciou que “cada militante socialista participará co seu voto” para escoller á próxima dirección do partido. Así o dixo logo dunha Executiva na que foron perfiladas as datas e as fórmulas para celebrar o próximo Congreso Extraordinario e escoller á futura dirección do partido.
O líder dos socialistas galegos explicou que será unha nova Executiva, que se reunirá o próximo sábado, a que precise a convocatoria do Congreso -que en calquera caso terá lugar antes do verán- e concrete a fórmula de participación dos militantes na elección do novo secretario xeral, un modelo que será debatida a continuación na xuntanza do Comité Nacional Galego.
Pachi Vázquez dixo que o obxectivo pasa por que “tódolos militantes poidan votar” ao futuro líder dos socialistas galegos e construír así un “futuro para Galicia” baseado en “mais participación, mais transparencia, mais cohesión, mais calidade democrática e mais compromiso con Galicia”.
Será o sábado, dixo, cando sexa “definida, concretada e pulida unha proposta novidosa, comprometida e participativa” respectando os estatutos federais do PSOE e “mellorando a calidade democrática do PSdeG-PSOE”.
O secretario xeral do PSdeG precisou que o proceso de renovación, que comenzará coa fórmula de participación dos militantes que se concretrá o sábado e culminará co Congreso Extraordinario, se desenrolará ao longo dos meses de xuño e xullo próximos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"