viernes, 8 de marzo de 2013

Día Internacional das Mulleres


O 8 de marzo do ano pasado denunciamos a recén aprobada Reforma Laboral do PP, e usabamos o tempo futuro no noso Manifesto para anunciar o recorte en dereitos que supoñería para as mulleres. Este ano 2013 constatamos enormes retrocesos.
A dereita intenta instalar a idea de que a crise económica é responsable de todo, que non é o Goberno do PP o causante dos recortes senón a herdanza recibida. Pero, non nos deixemos enganar: non é crise todo o que reloce.
A igualdade foi avanzando en España durante os anos de Democracia. Este avance traduciuse nunha vida mellor para as mulleres deste país, así como en máis dereitos para elas e para o conxunto da sociedade.
Isto foi posible grazas ao labor dos Gobernos Socialistas, pero sobre todo grazas á propia sociedade que se modernizou -grazas ás organizacións, ás feministas, á esquerda política e, sobre todo, ás mulleres-. Desta forma, as mulleres fomos ocupando espazos no emprego, na política, e na sociedade, mentres nos achegabamos, en todos os indicadores de participación e calidade de vida, aos homes, rompendo con iso progresivamente a desigualdade. Non obstante, a igualdade non era de todo efectiva, aínda existían e aínda existen desequilibrios. Necesitabamos tempo para seguir avanzando, pero sobre todo para consolidar o conseguido. Un tempo fundamental como comprobamos nestes últimos catorce meses. Porque este último ano, no que o Partido Popular asumiu o Goberno, asistimos a uns dos maiores despropósitos da historia da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
emprego, a premisa que permite a autonomía das persoas, é a nosa principal preocupación. No inicio da crise creceu o desemprego masculino - como efecto da destrución de emprego nalgúns sectores de actividade - non obstante, no momento actual, o desemprego feminino crece espectacularmente como efecto directo das políticas que o Goberno do PP está a aplicar, tal e como comprobamos nos últimos datos da EPA. Esta destrución de emprego é o resultado directo da Reforma Laboral, unha regulación que ademais fai imposible o dereito á conciliación da vida familiar e laboral. E tamén é o resultado do desmantelamento progresivo do Estado do Benestar e os servizos de atención ás persoas, así como o debilitamento de estruturas de apoio ás mulleres tan importantes como a rede de CIMs. A Reforma Laboral do PP expulsa aos sectores máis vulnerables do emprego, e aí están as mulleres. Ademais deixa sen dereitos ás mulleres traballadoras, a todas en xeral e especificamente ás que teñen traballo a tempo parcial, traballo temporal, ou a aquelas que teñen responsabilidades familiares.
O desmantelamento do Estado do Benestar e a política de austeridade do goberno eliminan servizos públicos esenciais, onde traballan moitas mulleres, tanto na Administración Pública coma nas empresas prestadoras. Así, é a redución dos dereitos relacionados coa educación, coa saúde, coa atención á dependencia, cos programas e actuacións dirixidos a mellorar a calidade de vida, o que fai que as mulleres queden en desemprego e ademais que teñan máis dificultades para a conciliación.
Esta lista de recortes en dereitos das mulleres amplíase co anuncio do Goberno do Estado de cambiar a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, cun obxectivo, eliminar o dereito a decidir das mulleres. O camiño está marcado co nomeamento dun novo Comité de Bioética de claro nesgo ultraconservador, no que a maioría dos seus membros se declarou abertamente en contra da decisión das mulleres.
E aínda máis, a lei de taxas xudiciais provoca unha desigualdade no acceso á xustiza, que deixará a moitas mulleres sen a posibilidade de acudir a ela mesmo naquelas ocasións que pretendan escapar dunha situación de violencia de xénero. A todo isto debemos sumar a redución de presupostos e servizos dirixidos a combater a violencia contra as mulleres, tanto no Goberno do Estado como no Goberno da Xunta de Galicia.
Estas accións, e estes recortes, están cargados de ideoloxía. Cando se publicaron no BOE e DOGA non estaban sós, estaban acompañados de múltiples mensaxes que viñan tamén das mesmas filas conservadoras; mensaxes que relacionan a autenticidade de ser muller coa maternidade, a defensa da educación segregada de nenos e nenas, a eliminación da educación para a cidadanía. Mensaxes que pretenden situar ás mulleres de novo nas tarefas de coidado, a crianza e a dependencia.
Todo o acontecido nos catro anos de Goberno de Feijóo como no último ano no Goberno de Rajoy nos leva a un mesmo lugar, bastante familiar, os nosos propios fogares. Porque, en definitiva é o que está a promover o Partido Popular: a volta ao fogar das mulleres.
Dende o Partido Socialista non obstante seguimos traballando pola igualdade e a emancipación das mulleres. Porque cremos que a igualdade entre mulleres e homes é un piar da nosa democracia, e porque temos o firme compromiso cun modelo social que garante a xustiza e a equidade. Sen dúbida, o cambio que necesitamos para saír desta crise, que é económica, pero tamén política e social, pasa por contar con todos e con todas, homes e mulleres, sen desperdiciar capacidades, facendo que a igualdade sexa o centro do cambio.
Ante esta situación este 8 de marzo reclamamos:
- A derrogación da Reforma Laboral.
O desenvolvemento dun Plan de Emprego para as mulleres de Galicia, que inclúa políticas activas específicas, a promoción do autoemprego e o desenvolvemento dun Plan de Igualdade das mulleres no emprego, dirixido a promover a igualdade e a eliminar a desigualdade salarial.
- O mantemento dos dereitos recollidos na Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.
- A promoción de políticas que permitan a corresponsabilidade na vida laboral e familiar de homes e mulleres, e o cumprimento da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
- O mantemento da Lei actual de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo, así como de todos os centros de planificación familiar da nosa Comunidade.
- O impulso de políticas e servizos de prevención da violencia de xénero e apoio ás mulleres que a sofren.
- A derrogación da Lei de taxas xudiciai

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"