jueves, 21 de octubre de 2010

O gran "campanazo"

Víase vir. Primeiro foi o a falta de mantemento e limpeza das instalacións portuarias de Pontecesures; logo o concerto que nunca foi; despois a instalación dun pantalán que non por necesario, xa soaba a pequena limosna e a excusa polo que iba a pasar agora… o gran campanazo!. Que foi daquel grande investimento que o "goberno amigo" da Xunta de Galicia iba facer en Pontecesures? Falouse de cinco millóns de euros de orzamento. Aquí veu o Presidente de Portos de Galicia, Manuel Álvarez-Campana a presumir de novo proxecto, despreciando ao que xa estaba redactado por ser "pouco ambicioso"; falou incluso o deputado autonómico Jesús Goldar confirmando a realización das obras…
Nada queda de todo eso, fume. O pasado 11 de maio, os Socialistas de Pontecesures presentaron unha pregunta no Parlamento de Galicia a través da diputada Carmen Cajide para coñecer a partida que se iba destinar á remodelación do porto.
A resposta xa a sabemos…

5 comentarios:

  1. Eso xa o temiamos moito, estivemos moitos anos cos cantares deles. Cambiaras de muiñeiro pero de ladrón, decía meu bisavó.

    ResponderEliminar
  2. Estivo catro anos a socialista Caride na consellería pero o porto de Cesures tururú, que falaredes, para campanazos os socialistas que invirten millóns e millóns nos tres aeroportos e agora non hai avións, eso si que e boa xestion, e os dos pobos quedan sin os trens

    ResponderEliminar
  3. Estamos a falar dun feito concreto, das inexistentes inversións da Xunta no noso pobo. Algo que por certo, xa nos temiamos cando, no seu momento, plantexamos unha pregunta no Parlamento galego ao respecto. Polo demais, decir que as maoires inversións en Pontecesures viñeron da man do Plan E do goberno de Zapatero; que por certo, foi o Ministerio de Fomento quen anovou os aeroportos galegos para que logo o goberno de Feijoo subvencione ás compañías de baixo coste dun xeito desproporcionado, para que pasado pouco tempo marchen do país; finalmente, é o propio Ministerio de Fomento quen está a facer as máis grandes inversións para traer a alta velocidade a Galicia, sin menoscabo das liñas de cercanías.

    ResponderEliminar
  4. Falemos logo de un feito certo. Período 2004/2008 da conselleira SOCIALISTA Caride na COTOP, cartos nos catro presupostos da Xunta para a obra do porto de Pontecesures? CERO,
    Cartos do actual goberno da Xunta para a obra: CERO.
    Conclusion, empate a cero zapatero, os partidos a discutir como parvos e os veciños a jodernos

    ResponderEliminar
  5. Consciente das necesidades de poñer en marcha unha actuación de humanización e urbanización do porto de Pontecesures e do seu contorno, o Goberno que dirixiu a Xunta dende o ano 2005 ata o 2009, concretamente o daquela presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, encargou a elaboración dun anteproxecto específico para esta intervención que acadaba un presuposto de preto de catro millóns de euros.
    En xaneiro de 2008 o concello de Pontecesures aprobou, por unanimidade, asinar o convenio con Portos de Galicia e o comentado anteproxecto.
    Como boa mostra da inminente execución da obra, incluíuse nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2009 unha partida de 439.655 euros, destinados ás actuacións de maior urxencia nese mesmo ano.
    Ese foi o compromiso do anterior goberno da Xunta de Galicia con Pontecesures e o seu porto, cal é o da Xunta do PP?

    ResponderEliminar

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"