A líder de UPyD, Rosa Díez, utilizou o termo "galego" para insultar ao presidente do Goberno español. É a segunda vez que o fai e, polo momento, non rectificou na primeira ocasión e non pensa rectificar nesta segunda.
"Podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra". Con esta calificación se referiu Rosa Díez a Zapatero nunha pregunta do xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". De Aznar, Rosa Díez dixo que "le pasó el momento" e de Juan Carlos I, sinxelamente, que "es el rey".
Estas palabras provocaron xa a reacción do Consello da Cultura Galego. O secretario deste órgano, Enrique Monteagudo, xa lle pediu á política que rectifique e considerou indignante que se siga utilizando este termo que xa desapareceu dos diccionarios españois. Con todo, Díez respostou que non vai rectificar porque "todos saben a que se refería".
Galicia Confidencial, 24 de febreiro de 2010
hola
ResponderEliminarEspero que algún "non adscrito" non se decante por ese partido, no "sentido más peyorativo"
ResponderEliminar