lunes, 28 de junio de 2010

Os Socialistas de Pontecesures reclaman máis limpeza no río e nas rúas, así como a apertura da piscina e a realización dun programa de ocio infantil

A principios do vindeiro mes de xullo terán lugar as Festas do Carme en Pontecesures, e o día 23 de dito mes, arribarán á nosa vila a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla –na que participará o arzobispo de Santiago Julián Barrio–, e a Ruta Quetzal, dirixida por Miguel de la Quadra Salcedo.

Son datas sinaladas nas que Pontecesures recibirá moitísimas visitas e consideramos que debe dar a mellor imaxe. Os socialistas de Pontecesures instamos ao goberno municipal a que realice as xestións oportunas ante Portos de Galicia para que as instalacións portuarias e a súa contorna presenten o seu mellor aspecto, eliminando a maleza e o lixo que se atopan na beira do río. No mesmo sentido, urxe a instalación das papeleiras nas principais rúas da vila, xa prometidas no seu momento polo goberno municipal, a conta do Fondo Estatal de Inversión Local.

Por outra banda, queremos destacar o retraso que, un ano máis, se produce no inicio da actividade da piscina municipal. Noutros concellos, estas instalacións abren as súas portas a mediados do mes de xuño e extenden a temporada ate mediados de setembro. En Pontecesures é habitual que a apertura da piscina se retrase ata o comenzo do mes de xullo, o que fai que o número de días de aproveitamento destas instalacións se reduza moito. En relación co anterior, os Socialistas de Pontecesures botamos en falla un programa de ocio dirixido aos máis pequenos da casa, que oferte actividades lúdicas infantís durante as vacacións escolares para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

jueves, 10 de junio de 2010

por qué un 15% de redución?

A nosa petición de rebaixa dun 15% nos soldos dos cargos políticos no Concello non é un brindis ao sol, nin coma di o señor Sabariz, un exercicio demagóxico; sabedores de que o que corresponde xustamente é unha redución do 6%, a nosa petición é unha reclamación por uns salarios para a Sra. Castro e o Sr. Randulfe máis xustos e acordes coa nosa vila.
A falta de que dunha vez por todas, se estipule definitivamente o que deben cobrar os cargos electos e o baremo a empregar (posiblemente o número de habitantes), consideramos que nun exercicio de responsabilidade políitica e, evidentemente, de solidaridade cos nosos conveciños que no momento actual pasan por unha situación económica delicada, o Concello de Pontecesures debería contemplar unha redución drástica dos soldos da Sra. Castro e do Sr. Randulfe.

jueves, 27 de mayo de 2010

Os Socialistas de Pontecesures instan ao equipo de goberno municipal a reducir as retribucións de todos os membros da corporación nun 15%

A partires de xuño os soldos de tódolos funcionarios das distintas administracións van a ser revisados a baixa como unha das medidas de aforro para afrontala crise económica na que nos atopamos. Estes axustes serán proporcionais a categoría de cada funcionario.

Tendo en conta que moitas das administracións e institucións mais representativas do Estado van rebaixar tamén os salarios dos cargos públicos e representantes políticos como medida lóxica ante a situación actual, consideramos que o Concello de Pontecesures non debe ser unha excepción ás medidas que se están a tomar.

No concello de Pontecesures, ademais dos funcionarios, a alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro Rafael Randulfe están a percibir salarios do erario municipal. É evidente que aplicar unha rebaixa aos funcionarios e non facelo con estes cargos electos é unha discriminación inadmisible.

Nestes momentos de dificultade económica na que nos atopamos, as forzas políticas deben predicar co exemplo; e para elo os socialistas de Pontecesures instamos a que se rebaixen as retribucións a todos os membros da corporación nun 15%.

Esta redución aplicaríase aos soldos da alcaldesa e do concelleiro Rafael Randulfe, e extenderíase tamén nas asignacións por asistencia a plenos, comisións, etc.

Esta medida, ademais de supoñer un aforro para as arcas municipais, traslada aos veciños a idea de que todos temos que poñer o noso grao de area para saír canto antes da situación económica na que nos atopamos.

Apelamos á responsabilidade de todos os grupos políticos que conforman á corporación municipal, para que respalden esta iniciativa e deste xeito enviar unha mensaxe clara aos veciños: superar a actual situación económica require do esforzo de todos.

viernes, 21 de mayo de 2010

O secretario de organización provincial visita aos socialistas cesureños

Luis Piña, secretario de organización provincial e deputado no Congreso, visitará hoxe a agrupación socialista cesureña. Tras percorrer a vila, manterá unha reunión con todos os afiliados e simaptizantes que se queiran acerca ao restaurante Casa Gómez a eso das 9 da noite.
Esta vista enmárcase dentro do programa que Luis Piña, como secretario de organización provincial, leva a cabo co obxecto de coñecer de preto cada unha das agrupacións.

sábado, 15 de mayo de 2010

O que se ve e o que non se quere deixar ver





O pasado día 9, o delegado da Xunta José Manuel Cores Tourís, visitou o noso concello co obxecto de ver as obras que a Consellería do Medio Rural está a levar a cabo. Supoñemos que para transmitir unha boa imaxe, os operarios do Concello, adecentaron a zonas polas que pasou tan ilustre visitante. Tal era o caso das inmediacións da agora polémica obra da Chancela, onde incluso cortaron a herba do pequeno parque infantil próximo. É lamentable que leven a cabo estas actuacións nese momento, xa que non creemos que o señor Tourís fora facer uso dos columpios, e non o fagan con máis asiduidade para o uso e disfrute dos nenos e nenas da vila.

Si o señor Tourís despra


Socialistas cesureños na Conferencia Política

O pasado venres 14 de maio celebrouse no Restaurante Casa Gómez a Asamblea Xeral Extraordinaria da Agrupación Socialista cesureña coa fin de determinar os compañeiros e compañeiras que nos representarán na Conferencia Política que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo mes de xuño.
Os compañeiros e compañeiras elexidos foron: Roque Araújo, Concepción Gómez, José Manuel Rey e Pilar Villanustre. Agardamos que colaboren activamente nos traballos a realizar nesta nova etapa que se abre no socialismo galego.

martes, 11 de mayo de 2010

Asamblea dos socialistas cesureños

O vindeiro venres 14 de maio, ás 20.30 horas do serán, terá lugar no Restaurante Casa Gómez unha asamblea Xeral Extraordinaria co obxecto de determinar os catro compañeiros e compañeiras que nos representarán na Conferencia Política do PSdeG-PSOE.
Dita conferencia que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela os días 12 e 13 de xuño, marcará o rumbo do noso partido no futuro, porque é o lugar e o momento da reflexión política, do debate de ideas e das propostas. O momento de renovar e modernizar o proxecto, o discurso e o partido. Porque o PSdeG-PSOE nunha foi un partido inmovilista, sempre se caracterizou pola súa capacidade de evolucionar e adaptarse aos novos tempos e ás necesidades da cidadanía. E así o imos facer na Conferencia Política.