A executiva local do
PSdeG-PSOE de Pontecesures ven de convocar unha asamblea dirixida aos seus
militantes para o vindeiro venres 23 de xaneiro ás 20:30 horas, na Casa do
Pobo, na travesía da Bandeira. Na orde do día figura a eleccíon do candidato/a
a encabezar a lista do partido nas próximas eleccións municipais.
A comisión executiva local
do PSdeG-PSOE de Pontecesures tomou a decisión de iniciar o proceso de
primarias para a elección do seu candidato/a á alcaldía para as próximas eleccións
municipais do 24 de maio. A comisión executiva local cree convinte dar o máximo
de transparencia e apertura á elección do candidato, de modo que calquera
militante do PSdeG-PSOE de
Pontecesures poida concorrer a
este proceso e votar.
O PSdeG-PSOE de Pontecesures deixará abierto ata o mesmo día 23 de
xaneiro o prazo para que se postulen os candidatos a encabezar a lista que
concurrirá ás próximas eleccións municipais.
Ás 20:30 horas, a asamblea local do PSdeG-PSOE
de Pontecesures convoca a todos os militantes para votar e elixir, de
entre os candidatos presentados, á persoa que irá en cabeza da lista socialista
ás eleccións municipais. Unha vez elexido e ratificado pola asamblea, o
candidato será investido de xeito oficial como cabeza de lista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"