A iniciativa de reciclado de equipos informáticos ten coma principal obxectivo a reparación e actualización de ordenadores vellos ou inservibles para que poidan ser empregados por outras persoas. Un equipo formado por voluntarios encárgase do reciclado.
Calquera empresa, institución o particular pode realizar a doazón dun equipo que xa no usa. Unha vez reciclado o equipo, é entregado a asociacións, agrupacións, entidades sin ánimo de lucro ou particulares de Pontecesures que solicitaran e acreditaran a necesidade de equipamento informático.
Pero o obxectivo do proxecto non remata na reparación de equipos. Outra vertente é a concienciación da poboación sobre a necesidade de reciclar.
Por último, indicar que o proxecto está aberto a todos aqueles que desexen colaborar nesta iniciativa solidaria, e ao mesmo tempo, queiran saber máis sobre o mundo da informática.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"