Durante o ano 2013 desenvolvéronse tres programas durante un total de 42 sesións de unha hora de duración no CPI de Pontecesures. Contando coa colaboración do profesorado, un técnico implementou e coordinou as seguintes actividades:
- Programa de desenvolvemento da autoestima e habilidades sociais, dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria. Realizáronse 12 sesións nos meses de abril e maio.
- Programa de prevención das drogodependencias específico con adolescentes, dirixido a alumnado dende 1º a 4º de ESO. Durante os meses de abril, maio e xuño realizáronse un total de 23 sesións.
- Programa de prevención do VIH/SIDA e de educación sexual, dirixido a alumnado de 3º e 4º de ESO, impartido en 7 sesións.
- Programa “Na casa tamén...” de formación de pais/nais. Remitíronse vídeos e guías a preto de 90 familias do alumando de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.
- Nos meses de xaneiro e febreiro de 2014 está previsto impartir tres sesións dirixidas tamén ás familias sobre o establecemento de límites e normas dende a familia.
Roque Araújo insta ós asinantes do comunicado a informarse antes de emitir xuízos sen fundamento, que enganan á cidadanía. A concesión dunha subvención de preto de 40.000 euros para prevención de drogodependencias ós concellos de Pontecesures, Caldas de Reis e Catoira, obtendo unha das mellores puntuacións de Galicia, avala as actuacións nesta materia que se veñen realizando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se non es usuario Google, elixe "anónimo"