jueves, 28 de noviembre de 2013

Enmendas presentadas polos Socialistas de Pontecesures aos orzamentos da Xunta para o ano 2014



Os socialistas de Pontecesures trasladaron ao seu Grupo Parlamentario no Parlamento de Galicia, as enmendas parciais aos orzamentos da Xunta para o ano 2014 no que atinxe ao Concello de Pontecesures e nas áreas que le son propias dentro do equipo de goberno municipal, a fin de que estas demandas sexan incluidas no proxecto definitivo do orzamento da Xunta de Galicia para o vindeiro ano.
Os socialistas cesureños consideran que os orzamentos da Xunta non recollen a financiación dunha serie de infraestructuras imprescindibles para o desenvolvemento do Concello de Pontecesures en materia deportiva.
As enmendas parciais presentadas no que respecta ao Concello de Pontecesures polo Grupo Parlamentario Socialista son:
Mellora da contorna do campo fútbol municipal Ramón Diéguez. Pídese o formigonado dun lateral do campo, e deste xeito mellorar o acceso á grada e o mantemento do campo de herba artificial.
Mellora do polideportivo municipal. Entre as actuacións requeridas inclúense a sustitución das baixantes e a instalación de novas fiestras.
Sustitución da cuberta do ximnasio do CPI Pontecesures. Neste aspecto, lembrar o compromiso do Xefe Territorial de Educación para levar a cabo esta obra no ano 2014.
Recuperación da Área deportiva do porto de Pontecesures.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"