lunes, 29 de noviembre de 2010

Charla sobre a Lei de Augas


A agrupación socialista de Pontecesures celebrará o vindeiro xoves, 2 de decembro, unha charla sobre a recentemente aprobada Lei de Augas e contará coa presenza de Carmen Gallego, diputada no Parlamento de Galicia e responsable do Medio Ambiente e Mariño do PSdeG-PSOE. O acto terá lugar no restaurante Casa Gómez a partir das 20:30 horas. A Agrupación Socialista de Pontecesures fai un chamamento á asistencia, especialmente aos propietarios de pozos, comunidades de augas e traídas veciñais. Hai que ter en conta que esta nova lei suporá o cobro dun canon sin recibir ningunha contraprestación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"