jueves, 20 de septiembre de 2012

Medidas anunciadas por Pachi Vázquez

É o momento de reescribir a Galicia do crecemento. Preséntome para presidir un goberno de progreso cunha maioría clara. Fronte á Galicia do sufrimento e da resignación, propóñovos formar parte da Galicia do crecemento e do futuro”. Pachi Vázquez, candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia.O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia, Pachi Vázquez,anunciou esta mañá nun almorzo con empresarios en Santiago algunhas das medidasque adoptará tras o 21 de outubro no eido da economía: Aprobaremos unha reforma fiscal que asegure que en Galicia paga máis quen máis ten e devolve máis ao país quen máis recibe do país. Poñer en marcha durante os 100 primeiros días de goberno a introdución de novos tramos no IRPF que graven con máis xustiza ás rendas máis altas. Crear un novo imposto sobre a banca, gravando os depósitos bancarios segundo o seu uso e rendibilidade e coa prohibición legal de transferir o custe do imposto aos clientes. Manter o imposto de patrimonio e recuperar e reformar un novo imposto de sucesións que grave máis a quen máis ten. Pór en marcha a creación de novas figuras impositivas para gravar os custes medioambientais das grandes áreas comerciais. Esta nova fiscalidade permitirá xerar uns ingresos de 300 millóns de euros adicionais que se adicarán á creación de 50.000 empregos para colectivos como as mozas e mozos, os parados de longa duración e as mulleres. 25.000 mozos e mozas poderán acceder ao longo da lexislatura a unha beca/contrato de formación de 500 € mensuais durante un ano para incorporarse ao tecido produtivo. Establecerase un programa mixto de emprego e formación para contratar a 15.000 parados/as de longa duración na lexislatura. Retomaremos o Programa Muller, con accións de información, orientación e formación para o emprego, garantindo non menos da contratación de 10.000 mulleres. Acometeremos unha reforma integral do IGAPE, transformándoo nunha axencia de crédito público que facilite préstamos directos e instantáneos a pemes e emprendedores en condicións ventaxosas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"