jueves, 20 de septiembre de 2012

Adeus a Rafa Blanco

Os socialistas estamos de loito. Con grande pesar recibimos onte a nova do falecemento do compañeiro Rafa Blanco de Cambados. Era o voceiro municipal do noso partido, así como o coordinador comarcal de Arousa. No aspecto político, sempre lembraremos o seu bo talante e o seu carácter dialogante, sempre necesarios neste tempo convulsos. No eido persoal, hai que destacar como disfrutaba da súa gran paixón, as motos clásicas. Precisamente, unha parte da súa colección poidémola admirar en Pontecesures na última edición de Fegaclasic. Foi unha honra coñecerte e un pracer traballar contigo, amigo Rafa. http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2012/09/20/cambados-decreta-2-dias-luto-muerte-rafael-blanco-portavoz-municipal-socialista/684721.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"