lunes, 5 de abril de 2010

Vandalismo en Pontecesures


A madrugada do pasado sábado repetíronse os actos de vandalismo na nosa vila. Sinais de tráfico tumbadas nas beirarrúas e mesmo na calzada, contenedores tirados ó chan, un semáforo de ADIF… Estos feitos chaman a atención sobre a falta de seguridade en Pontecesures, e reclaman medidas urxentes por parte do goberno municipal, máis alá das consabidas queixas á subdelegación do goberno na provincia de Pontevedra.
Cómpre un aumento da plantilla da policía municipal que permita que Pontecesures teña a seguridade que precisan os seus veciños e veciñas.

1 comentario:

  1. Estou completamente dacordo. Outra cousiña, saíu o prazo no BOE do 09 de abril, de 20 días, da cobertura do/a Auxiliar Administrativa do Concello. Remata o 29 de abril. Deberase cumprimentar unha solicitude e o pago das taxas correspondentes.

    ResponderEliminar

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"