domingo, 23 de septiembre de 2012

Programa electoral autonómicas 2012

Os nosos compromisos en 25 puntos

EMPREGO E ECONOMÍA

1 25.000 mozos e mozas desempregados terán bolsa-contrato durante un ano para incorporarse a empresas en sectores de futuro. Non suporá amortización de emprego. Os salarios serán aboados pola Xunta.

2 15.000 desempregados de longa duración, con cargas familiares e que teñan esgotadas as prestacións, terán acceso a un programa mixto de traballo e formación.

3 Reformaremos o IGAPE, para que sexa eficaz, rápido e transparente, unificando as distintas canles de axuda ás empresas, impulsando a internacionalización e a innovación. Poderán crearse empresas cun só trámite. Mellor accesibilidade das PEMEs á contratación pública, eliminando cláusulas restritivas ou de competencia desleal.

4 Aumentaremos os ingresos fiscais mediante o incremento dos tipos sobre os grandes patrimonios e sobre as rendas máis elevadas, así como sobre as transaccións bancarias, as grandes superficies e as actividades lesivas para o medio ambiente.

5 Apoiaremos que haxa un banco competitivo con presenza de capital galego e vinculado ao noso territorio, cun proxecto rigoroso, implicado cos sectores produtivos estratéxicos do país. Defendemos a supervivencia da obra social das antigas caixas. Crearemos unha Comisión de Investigación sobre a actuación e indemnizacións dos directivos das antiguas caixas de aforro de Galicia. Defenderemos en tódolos foros unha solución xusta para os afectados pola estafa das participacións preferentes, con recuperación de todo o seu capital.

6 Plan estratéxico para o sector naval. Apoio ó programa de vehículo eléctrico na automoción. Plan Renove de vehículos. Recuperación das empresas de economía social no téxtil. Programa de impulso das Empresas de Base Tecnolóxica.

7 O gasto en I+D tenderá á media estatal. Plan de captación de investigadores. Pulo da transferencia tecnolóxica.

8 Recuperación do liderato en enerxía eólica. Pulo da enerxía miniéolica para pequenas industrias e consumo doméstico. Desenvolvemento da rede gasística. Posta en funcionamento das centrais de biomasa paralizadas.

9 Impulso dun grupo lácteo galego. Contratos homologados con prezos xustos.No sector cárnico mellora da trazabilidade, etiquetado e das estratexias de marca. Promoción da agricultura ecolóxica. Afrontaremos prioritariamente as causas estructurais dos incendios forestais poñendo en valor o potencial forestal.

10 Plan de pensións para as mariscadoras e seguro de mal tempo para os mariñeiros. Crearemos seis novas reservas mariñas e potenciaremos a DOP do Mexillón e Pesca das Rías. Plans de xestión por segmento de flota e plans estratéxicos da conserva e do conxelado favorecendo a innovación na forma de pescar e nos produtos do mar.

11 Promoción da calidade turística en aloxamentos e servizos. Creación e comercialización de novos produtos. Pulo da desestacionalización. Promoción coordinada nos mercados emisores.

ESTADO DE BENESTAR NECESARIO E VIABLE

12 Ampliación de prazas para menores de 3 anos. Prestación por nacemento de 3.000 euros para as familias monomarentais que se atopen no paro ou nas que todos os seus membros estean desempregados. Duplicaremos os orzamentos para a redución de xornada de pais e nais e familias monomarentais. Atención especial ós maiores que vivan sós.

13 Avanzaremos na inclusión social, asinando un acordo con concellos, sindicatos, empresarios e organizacións do tercer sector.

14 Os pensionistas non terán que pagar nada polas menciñas. Non haberá espera na Atención Primaria. Fixaremos un tempo máximo por lei para probas e intervencións.. Plan de Saúde Mental e Plan de Saúde infantil (atención dental, obesidade, etc).

15 Promoveremos a reversión do Hospital de Vigo a un sistema de construción e xestión exclusivamente financiada con fondos públicos.

16 A lingua galega non será motivo de confrontación, senón de encontro. Liñas de apoio singulares para as industrias culturais e creativas. Apertura das instalacións públicas ás actividades culturais.

17 Gratuidade dos libros de texto para todalas familias por baixo dun nivel de renta. Eliminaremos os concertos cos centros educativos segregacionistas. Queremos que o 85% das persoas de menos de 24 anos teñan título de Bacharelato ou de FP, e reducir notablemente o fracaso escolar. Competencia en idiomas con profesores nativos e intercambios.

MEDIO AMBIENTE E TERRITORIO SOSTIBLES

18 Ampliación da rede de espazos naturais e promoción do emprego ‘verde’. Reubicación de ENCE no entorno de Pontevedra.

19 Pacto polo Territorio que garanta unha lexislación urbanística de consenso. Desenvolvemento das Áreas Metropolitanas. Respeto á realidade económica e demográfica de Vigo.

20 Rehabilitación e conservación do parque de vivendas e dos cascos históricos. Colaboración cos concellos e co sector privado na xestión de axudas.

21 Máxima expansión e non discriminación no tratamento aos aeroportos da comunidade. Complementariedade de usos. Mellora dos accesos e da intermodalidade.

22 Plans de transporte colectivo, con concellos e empresas que faciliten o acceso dende as áreas urbanas e residenciais ós polígonos empresariais.

MELLOR DEMOCRACIA

23 Total transparencia do procedemento de contratación pública, de obras, servizos ou persoal. Acabaremos coas áreas de colusión de intereses públicos e privados.Os concellos publicarán na sua web todos os documentos de planificación urbanística, os trámites de adxudicación de contratos de provisión de bens e servizos, o orzamento e os acordos dos órganos de goberno das corporacións locais. Regulación dos salarios dos alcaldes e concelleiros.

24 Racionalización do sector público: menos organismos, menos gastos, menos asesores. Publicidade de salarios, patrimonio e intereses de todolos altos cargos e persoal de confianza. Tamén nos concellos e deputacións.Non haberá despedimentos de empregados laborais fixos nos servizos públicos autonómicos. Revisaremos a lexislación regresiva sobre función pública. Facilitaremos a Iniciativa Lexislativa Popular e a participación cidadá na elaboración das principais leis.

25 Fomento do agrupamento dos concellos para prestar servizos. As deputacións limitaranse ós concellos de menos de 20.000 habitantes, transferindo aos de máis poboación a parte proporcional de financiamento.
 

2 comentarios:

  1. Tedes pensado algunha medida de aforro enerxético para Pontecesures?
    Tedes en conta no voso programa o cambio climático?

    ResponderEliminar
  2. Tedes pensado algunha medida de aforro enerxético para Pontecesures?
    Tedes en conta no voso programa o cambio climático?

    ResponderEliminar

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"