jueves, 30 de diciembre de 2010

A voltas coa conciliación

Fai uns días comentabamos as poucas actividades de lecer para cativos que se realizan no noso concello coincidindo coas datas de Nadal. Moitos veciños e veciñas estiveron de acordo con esta opinión e así nolo fixeron saber, facendo fincapé na necesidade de habilitar Espazos Concilia en Pontecesures.
Unha necesidade que, ademais, se viu reflectida no éxito acadado pola actividade desenvolvida o pasado 29 de decembro pola ANPA do CPI Pontecesures. A ANPA levou a cabo esta iniciativa en dúas quendas que superaron todas as previsións de asistencia realizadas pola directiva da entidade.
Este feito reforza aínda máis a nosa esixencia: durante os períodos de lecer, os pais e nais deste concello precisan actividades para os seus fillos que dean resposta a unha necesidade real expresada polos veciños e veciñas de Pontecesures.
Ante a inexistencia das mesmas, queremos agradecer o esforzo realizado pola ANPA do CPI Pontecesures que organizaron esta actividade sen contar con ningún tipo de apoio oficial.

3 comentarios:

  1. Tamen din que e moi bo que os nenos descansen e esten cos seus pais nas festas, para eso son as vacacions, e tamen din que o roque candidato meteu a gamba co sueldo da alcaldesa e que nos numeros patinou, sera vitima da logse socialista?

    ResponderEliminar
  2. Conciliate ti se queres ir cos do bloque. Conciliate e rezalle o santiño do teu nome. So te queren para seres un titere nas suas mans. Iluso, se esa e a tua ilusion.

    ResponderEliminar
  3. Tamén din que Nunca chove a gusto de todos. Pero vos que pensades, que moitos de nos, traballadores con categoría de peón, temos vacacións no Nadal, traballando 12 horas. Roque nin caso, eses pro-Sabariz ou Sabariz mesmo, teñen tamén que facer números a hora dos resultados electorales. En relación ó soldo da alcaldesa, da igual que gane 2800 que 2300 ou 1200, hoxe en día quén gana eses cartos?. Aínda que teñamos a titulación superior que sexa, teremos un contrato de peón. E outra cousa, dependendo o soldo os descontos do IRPF, son diferentes. Xa se sabe que lle pasa os que van de listos.

    ResponderEliminar

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"