jueves, 10 de junio de 2010

por qué un 15% de redución?

A nosa petición de rebaixa dun 15% nos soldos dos cargos políticos no Concello non é un brindis ao sol, nin coma di o señor Sabariz, un exercicio demagóxico; sabedores de que o que corresponde xustamente é unha redución do 6%, a nosa petición é unha reclamación por uns salarios para a Sra. Castro e o Sr. Randulfe máis xustos e acordes coa nosa vila.
A falta de que dunha vez por todas, se estipule definitivamente o que deben cobrar os cargos electos e o baremo a empregar (posiblemente o número de habitantes), consideramos que nun exercicio de responsabilidade políitica e, evidentemente, de solidaridade cos nosos conveciños que no momento actual pasan por unha situación económica delicada, o Concello de Pontecesures debería contemplar unha redución drástica dos soldos da Sra. Castro e do Sr. Randulfe.

1 comentario:

  1. Pareceme ben que se reclame esa reducción. Outra cousa, por se lle serve a alguén,no DOG de hoxe, 14 de xuño, saeu publicada a Orde do 9 de xuño de 2010 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, e se procede á súa convocatoria.

    ResponderEliminar

Se non es usuario Google, elixe "anónimo"