jueves, 28 de noviembre de 2013

Enmendas presentadas polos Socialistas de Pontecesures aos orzamentos da Xunta para o ano 2014



Os socialistas de Pontecesures trasladaron ao seu Grupo Parlamentario no Parlamento de Galicia, as enmendas parciais aos orzamentos da Xunta para o ano 2014 no que atinxe ao Concello de Pontecesures e nas áreas que le son propias dentro do equipo de goberno municipal, a fin de que estas demandas sexan incluidas no proxecto definitivo do orzamento da Xunta de Galicia para o vindeiro ano.
Os socialistas cesureños consideran que os orzamentos da Xunta non recollen a financiación dunha serie de infraestructuras imprescindibles para o desenvolvemento do Concello de Pontecesures en materia deportiva.
As enmendas parciais presentadas no que respecta ao Concello de Pontecesures polo Grupo Parlamentario Socialista son:
Mellora da contorna do campo fútbol municipal Ramón Diéguez. Pídese o formigonado dun lateral do campo, e deste xeito mellorar o acceso á grada e o mantemento do campo de herba artificial.
Mellora do polideportivo municipal. Entre as actuacións requeridas inclúense a sustitución das baixantes e a instalación de novas fiestras.
Sustitución da cuberta do ximnasio do CPI Pontecesures. Neste aspecto, lembrar o compromiso do Xefe Territorial de Educación para levar a cabo esta obra no ano 2014.
Recuperación da Área deportiva do porto de Pontecesures.

El Sergas cobrará 526 euros por cada día de hospitalización a los pacientes sin cobertura

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/11/21/sergas-cobrara-526-euros-dia-hospitalizacion-pacientes-cobertura/00031353494179669102348.htm

lunes, 4 de noviembre de 2013

Entrevista co secretario xeral para o deporte

O concelleiro de deportes de Pontecesures, Roque Araújo, reuníuse este xoves co secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, coa intención de trasladarlle peticións en materia de infraestrutura deportiva do Concello. Entre outras cousas, deuse conta das melloras realizadas no pavillón municipal, campo de fútbol e clube náutico, aínda que tamén insisteuse na necesidade da colaboración da secretaría xeral para levar a cabo outras de máis importancia nestas mesmas instalacións e noutras repartidas polo Concello.



Finou o pai do noso Secretario Xeral, José Ramón Gómez Besteiro


Estimados compañeiros
Estimadas compañeiras

Informámosvos que finou o pai do noso Secretario Xeral, José Ramón Gómez Besteiro. A capela ardente estará dende esta tarde no Tanatorio Lucence (detrás do hotel Santiago ) en Lugo. O funeral será mañá martes, ás 16:30 h. no mesmo lugar e logo será enterrado no cemiterio de San Froilán.

Saúdos.